A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada

Contra a privatización da auga

Novas

  1. A Consellaría de Medio Rural comprométese co SLG a abordar o problema dos impagos ás explotacións lácteas

    Impagos leite 26 de Xaneiro do 2012 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego reuniuse hoxe, 26 de xaneiro en Compostela, coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, para trasladarlle o problema de impagos que están a sufrir moitas explotacións na Galiza por parte das empresas que lles recollen o leite como Lácteos Tambre, Queixería Macán ou Eugenio Rey. A delegación do SLG estivo formada pola secretaria xeral da organización, Carme Freire; a responsable da Dirección do Leite, Lupe Prado; e catro gandeiras afectadas.

  2. Celega pretende facer asinar ás explotacións leiteiras un contrato a quince meses sen prezo

    Celega 25 de Xaneiro do 2012 · 

    A empresa Celega, que se dedica á fabricación de queixos e á compravenda de leite na súa factoría do Saviñao (Lugo), vén de remitir un modelo de contrato ás explotacións que lle subministran co que pretende comprometelas a entregar todo o leite que produzan (cunha marxe ±10%) durante quince meses, e a comunicar con tres meses de antelación o remate da relación contractual.

  3. O SLG presenta sinaturas de 90 explotacións contra o traslado da oficina agraria comarcal da Estrada

    Fundación Tabeirós 25 de Xaneiro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar máis de 90 sinaturas de explotacións agrogandeiras da Estrada, Cerdedo e Forcarei, que lle solicitan á Consellaría de Medio Rural que non leve para adiante o traslado da sede da oficina agraria comarcal do seu domicilio actual, na praza Martínez Anido, ás instalacións da Fundación Comarcal, nos arrabaldes da vila estradense. No escrito anexo ás sinaturas, pídeselle expresamente á Consellaría que “manteña a Oficina Agraria Comarcal da Estrada na localización actual ou, cando menos, na vila da Estrada”.

  4. O Sindicato Labrego Galego e a veciñanza inician unha campaña en Rois para denunciar o cobro do canon da auga ás traídas veciñais e aos pozos do rural

    Asemblea Rois 21 de Xaneiro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego escolleu Rois para iniciar hoxe, 21 de xaneiro, unha campaña de denuncia e desobediencia civil contra o cobro do canon da auga a traídas veciñais e pozos do medio rural, unha campaña que ten como fin última esixir a derrogación da Lei de Augas de Galicia, que é a que posibilita que se nos estea cobrando polo dereito a beber e, polo tanto, polo dereito a vivir.

  5. As principais loitas do SLG para o 2012 no Fouce 290

    Fouce 18 de Xaneiro do 2012 · 

    Fouce 290 dá un repaso aos grandes retos que o Sindicato Labrego Galego deberá afrontar en 2012, e que teñen que ver, ademais de con recortes sociais de toda caste e coa reforma da Política Agraria Común (PAC), co paquete de medidas lexisltivas que está artellando a Xunta para despoxar de terra agraria ás explotacións para darlla ás industrias enerxéticas.

  6. O SLG pide a articulación de mecanismos coma os franceses para negociar prezos dignos para o leite

    Explotación láctea 23 de Decembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego amosou, unha vez máis, a súa indignación ante a parálise da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura á hora de crear as condicións necesarias para que as explotacións leiteiras e as industrias poidan negociar un prezo do leite que satisfaga a todos os axentes do sector, tal e como se fai en Francia. O SLG volve incidir nesta denuncia porque, o 22 de decembro, a Interprofesional Leiteira de Bretaña e o País do Loira (Cilouest) fixaba un prezo de referencia para o leite en xaneiro de 2012 de 33,81 céntimos por litro1.

  7. O SLG apoiou a concentración de SOS Sanidade Pública diante do Parlamento Galego

    SOS Sanidade Púbica 21 de Decembro do 2011 · 

    Coincidindo coa aprobación dos orzamentos da Xunta para o 2012, o mércores 21 de decembro, a Plataforma SOS Sanidade Pública manifestouse xunto ao Parlamento de Galicia en protesta polos recortes que está a sufrir o noso sistema sanitario, especialmente nas comarcas rurais. O Sindicato Labrego Galego apoiou as reivindicacións coa presenza de varias persoas da organización entre as que se atopaba Lidia Senra.

  8. O Sindicato Labrego Galego pídelle a Arias Cañete que emprenda políticas valentes para dignificar as rendas dos labregos e das labregas

    Non hai imaxe 21 de Decembro do 2011 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego queremos aproveitar o nomeamento de Miguel Arias Cañete como Ministro de Agricultura para, ademais de felicitalo, lembrarlle os grandes retos que ten sen resolver enriba da mesa e animalo a emprender reformas con decisión e valentía. Ao SLG gustaríalle que Arias Cañete fixese caso ás palabras de Rajoy durante o debate de investidura, nas que dixo que cumpría realizar as reformas necesarias para rematar "coa inestabilidade das rendas dos agricultores".

  1. OAV

    O SLG denuncia o colapso da Oficina Agraria Virtual e esixe indemnizacións para as explotacións afectadas

    17 de Decembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que o colapso da Oficina Agraria Virtual durante toda esta semana causou e está a causar graves prexuízos nas explotacións gandeiras galegas. Dende o pasado luns, 12 de decembro, foi case imposible realizar xestións básicas para calquera gandeiro ou gandeira como dar de alta aos xatos acabados de nacer. Ao non poder rexistrarse, os animais nados nos últimos días non se puideron vender, cos prexuízos que isto causou. 

  2. En Lácteos Tambre

    Lácteos Tambre obrigada polo xulgado de Ordes a saldar a súa débeda coas explotacións que a denunciaron por impago so pena de ser embargada

    16 de Decembro do 2011 · 

    Unha comitiva de gandeiros e gandeiras afectados polos impagos de Lácteos Tambre volveu concentrarse hoxe, 16 de decembro, na factoría desta empresa en Penateixa (Sigüeiro) para protestar ante os impagos que mantén a moitas explotacións que levan sen cobrar varias entregas de leite dende hai un ano, cando a Lei de Morosidade obriga ao pagamento dos produtos perecedoiros nun prazo máximo de trinta días. Aínda que as explotacións apoiadas polo Sindicato Labrego Galego e que se atreveron a denunciar son seis -que en conxunto teñen unha débeda contraida coa láctea duns 60.000 euros- “as afectadas son moitas máis e o seu número non para de medrar”, afirmou Irene Vázquez Astray, unha das gandeiras presentes na concentración que ten a súa granxa en Burres (Arzúa).

  3. Incineradora

    O SLG condena a decisión da Xunta de construír unha incineradora de residuos no Irixo

    9 de Decembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego critica a decisión da Xunta á hora de darlle o visto bo ao proxecto de construír unha incineradora de lixo no concello ourensán do Irixo, pois a súa realización só vai beneficiar ao capital privado e traerá graves consecuencias medioambientais na zona, o peche de explotacións agrarias e máis despoboamento.

  4. Isabel Vilalba en Bruxelas

    Acordo UE sobre o paquete leite: a próxima crise europea está anunciada

    8 de Decembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que o acordo entre Comisión e Parlamento europeos e o Consello de Ministros deixa ao sector lácteo totalmente en mans da industria. O acordo adoptado o 6 de decembro renuncia a crear mecanismos para que os produtores e produtoras de leite teñan prezos estables e que permitan integrar as subas nos custes de produción.

  5. Axencia Tributaria

    O SLG mantivo un encontro co delegado da Axencia Tributaria para solucionar os atrasos no cobro de axudas por culpa do modelo 347

    30 de Novembro do 2011 · 

    O secretario de Servizos ás Explotacións no Sindicato Labrego Galego, Xosé Manuel Calvo Rei, e Xosé Ramón Cendán, tamén da organización agraria, reuníronse hoxe, 30 de novembro, na Coruña, co delegado especial da Axencia Tributaria en Galiza, Luís Pazos, para tratar os problemas xerados polo envío masivo e indiscriminado de cartas a labregos e labregas requiríndolles o modelo 347, que serve para declarar as operacións con terceiros de máis de 3.005,06 € e é obrigado para aquelas persoas que están nun réxime fiscal de estimación directa; tamén están obrigados a facelo aqueles profesionais da agricultura que estean nun réxime fiscal por módulos se fan vendas a terceiros por máis de 3.005,06 € e esa factura non ten retención.

Outras Novas

  1. 29-11-2011 · O Fouce 289 xa está na rúa
  2. 25-11-2011 · 25 de novembro: A indiferencia pode ser unha arma letal
  3. 16-11-2011 · O SLG continúa n'A Estrada a súa campaña de denuncia contra a forestación ilegal de terras agrarias
  4. 10-11-2011 · O SLG denuncia en Vilalba unha trama política e lexislativa para invadir as terras de cultivo de Galiza con plantacións forestais
  5. 09-11-2011 · A reforma da Lei de Montes do PP é un atentado contra as explotacións agrarias e gandeiras de Galiza