A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Pequenas explotacións>
  4. O SLG esixe a inmediata apertura dunha liña de indemnizacións destinada a paliar os danos sufridos nas explotacións galegas por mor do temporal

O SLG esixe a inmediata apertura dunha liña de indemnizacións destinada a paliar os danos sufridos nas explotacións galegas por mor do temporal

26 de Xaneiro do 2009

Temporal en Galicia

Ao longo da pasada fin de semana, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, mantivo conversas co conselleiro Alfredo Suárez Canal, a fin de trasladarlle a preocupación do Sindicato Labrego Galego polas consecuencias que as desfeitas operadas polo temporal conlevarán para as labregas e labregos do país.

Neste sentido, Carme Freire puxo de manifesto a pertinencia de que a Consellaría leve a cabo inmediatamente unha avaliación de tódolos danos sofridos polo sector, iniciando o antes posíbel accións orientadas á compensación económica dos mesmos, nomeadamente invernadoiros, naves agrícolas e gandeiras así coma a perda da produción ocasionada polos cortes de electricidade, estradas, etc.

 

 

 

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG

TLF: 619 348 426