A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Pequenas explotacións>
  4. O SLG presentou hoxe a Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro Fresco ou Transformado

O SLG presentou hoxe a Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro Fresco ou Transformado

24 de Septembro do 2008

Presentación da Xornada do Producto Caseiro

Na mañá de hoxe o Sindicato Labrego Galego presentou en rolda de prensa, no Clube Internacional de Prensa, a Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro Fresco ou Transformado, que terá lugar este venres 26 en Santiago de Compostela. 

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, e Uxío Rey, Presidente do Colexio de Veterinarios de A Coruña, expuxeron a importancia de elaborar unha normativa para o produto caseiro que non vaia na contra das explotacións. 

Carme Freire Cruces e Uxío Rey

Ao final da rolda, procedeuse a unha degustación de zume de uva caseiro e mazás “da casa”. 

Reivindicar o Produto Caseiro 

Arestora, a Consellaría do Medio Rural está elaborando o borrador do Decreto polo que se regula a artesanía alimentaria en Galiza, no que se inclúe o regulamento do produto caseiro. 

No Sindicato Labrego Galego, entendemos que este é un momento clave para as labregas e labregos do País, xa que dependendo de como sexan as normas que estableza este decreto, no futuro as explotacións poderemos vender normalmente o noso produto caseiro ou perder definitivamente este dereito, como aconteceu no seu día coa augardente (iso si, no canto da augardente caseira, apareceu legalmente a producida por empresas). 

O produto caseiro só pode ser feito por nós e nas nosas casas, e cómpre evitar que as empresas alimentares se apropien do prestixio destes produtos para a súa comercialización. 

Venres 26 SETEMBRO 
Dende as 10:00 até as 17:30 
Área central - Santiago de compostela 


Convidámosvos a participar nesta iniciativa, tanto dende a perspectiva labrega como de cidadanía interesada en manter este patrimonio que temos e que, aínda hoxe, permite que un grande número de persoas, sobre todo mulleres, poidan vivir nunha explotación agraria na Galiza

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON 
Ana Rodríguez Vázquez, Secretaría de Desenvolvemento Rural do SLG, 
Tlf: 659 057 251 

Ficheiro adxunto