A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Pequenas explotacións>
  4. PRODUTOS CASEIROS EN PERIGO

PRODUTOS CASEIROS EN PERIGO

28 de Novembro do 2008

Licor de grosella

Diante da nota de prensa feita pública nesta mañá pola Consellaría do Medio Rural dando por aprobada “por acordo unánime de todos os representantes do sector na Comisión Permanente do Consello Agrario” o Decreto de Artesanía Alimentar de Galiza,

o Sindicato Labrego Galego manifesta: 

Primeiro. 
Que, como consta en acta, a propia Consellaría na sesión da Permanente do Consello Agrario comprometuse a revisar o texto en dous aspectos fundamentais que o SLG presentou para a súa revisión antes de dar por definitivo o texto do Decreto: 

1. O número de asalariados correspondente a unha pequena explotación, que son as que no Decreto se pretende potenciar. 
Non se poden considerar, como se especifica nos Fins do Decreto, que se “promoven e promocionan os produtos caseiros en base ás pequenas explotacións”, xa que é irreal neste país pensar que as pequenas explotacións van ter até catro persoas de man de obra asalariada. 

2. Empresas comercializadoras de produtos caseiros
Tampouco está dacordo o SLG con que se abra a posibilidade de que as empresas poidan considerarse como comercializadoras de produtos caseiros, en aras de que os labregos e labregas se xunten para xestionar mellor a comercialización dos seus produtos en venta directa en mercados locais. 

Segundo. 
Na acta da sesión da Comisión Permanente do Consello Agrario recolleuse como voto particular do SLG a introdución no texto do feito de que as normas hixiénico-sanitarias europeas permiten a flexibilidade e a excepcionalidade. Dereito que o texto non recolle e que para o SLG é fundamental, para nun futuro facer a defensa dos produtos diferenciados e de calidade que nas explotacións se elaboran e que non terían cabida na normativa hixiénico-sanitaria. Temos exemplos dunha anterior aplicación do criterio de excepcionalidade no pan de Cea ou no queixo de Cabrales. 

No debate da Comisión Permanente do Consello Agrario, o SLG presentou alegacións a estes puntos por seren cuestións que compromenten gravemente a produción caseira feita polas pequenas explotacións, propiciando ademais a apropiación de ditos produtos caseiros por parte de empresas adicadas á produción e á comercialización. 

O SLG denuncia que a actitude amosada hoxe pola Consellaría do Medio Rural constitúe unha falta de respecto cara os labregos e labregas que din defender con este Decreto, ao estar dando publicidade do mesmo sen ter consultadas as modificacións que se comprometeron a valorar na propia sesión do consello agrario. 
Non se pode dar aos medios de comunicación como acordo unánime un texto que ten un voto particular en acta e conta co compromiso de revisión, habendo de ser consultado antes coa entidade que presentou as alegacións, o SLG, tal e como tamén se recolle na acta de devandita sesión do Consello Agrario. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON :
Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG 
TLF: 619 348 426

Ficheiro adxunto