En vista de que o Concello de Melide é incapaz de sentir a máis mínima empatía pola cidadanía e polos labregos e labregas que dan vida ao mercado alimentario dominical na vila -prohibido unha vez máis coa escusa da Covid-19-, e sabendo que o peche desta forma de compravenda de alimentos incrementa a posibilidade de contaxios entre a poboación, dende o Sindicato Labrego Galego convocamos unha concentración para esixir a súa reapertura inmediata.