A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Pequenas explotacións: 2012

  1. Mercado de Teo

    O Mercado do Alimento Labrego de Teo consolídase coa Festa de Inverno tras medio ano de andaina

    22 de Decembro do 2012 · 

    A pesares da intensa choiva, unhas trescentas persoas pasaron ao longo da mañá do 22 de decembro polo Mercado do Alimento Labrego dos Tilos, en Teo. Nesta ocasión, e con motivo da Festa do Inverno, aos vinte postos onde se podían mercar todo tipo de produtos da terra (hortalizas e froita de tempada, ovos, queixos, leite, marmeladas e conservas, viños e licores, doces, etcétera), uníronse oito de artesanía onde se podían atopar dende cestos e xabóns feitos a man até olería de Buño. Para animar o ambiente estiveron os músicos e músicas da Requinta Follas Novas.

  2. Tomates

    O mercado de alimentos labregos de Teo celebrará este sábado unha cata comentada de tomates

    13 de Septembro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego e o Concello de Teo, no marco do mercado de alimentos labregos dos Tilos, vai celebrar este sábado, 15 de setembro, unha cata de tomates de diversas variedades cultivadas no entorno da bisbarra compostelá. 

  3. Compravenda labrega

    O mercado semanal do alimento labrego en Teo bota a andar coa asistencia de máis de cincocentas persoas

    9 de Xuño do 2012 · 

    A pesar da choiva, o mercado do alimento labrego dos Tilos (Teo), organizado polo SLG e polo concello, foi todo un éxito. Ao redor de medio milleiro de persoas achegáronse até para mercar alimentos de tempada producidos por explotacións da bisbarra. En total, houbo quince postos de venda onde se puideron atopar dende hortalizas frescas até produtos elaborados como marmeladas, rosquillas, viños e licores. Ademais, ás 13:00 horas tamén se sorteou unha cesta elaborada con alimentos de cada posto.

  4. Mercado de Teo

    Charlas e debates precederán a inauguración do mercado semanal de alimentos labregos dos Tilos, en Teo

    3 de Maio do 2012 · 

    Durante o mes de maio, o Concello de Teo e o Sindicato Labrego Galego organizarán varias charlas debate para promover os mercados locais de produtos labregos baseados na venda directa, sen intermediarios, de produtos de calidade. Así, o 10 de maio acollerase unha destas charlas no local da Sociedade Recreativa de Calo; o 15 de maio, no local da Asociación Veciñal de Recesende; o 24 e maio, na Casa Común dos Tilos; o 31 de maio, na Mediateca do Grilo, en Cacheiras; e o 4 de xuño, na sede do Centro Social Arredista (Rúa das Rodas 25), en Compostela. Todos estes actos terán como hora de comezo as 20:30, agás o de Compostela, que será ás 21:00 horas. O obxecto destas charlas será aboar o terreo antes de inaugurar o mercado semanal de alimentos labregos dos Tilos, que está previsto abrirse o vindeiro 9 de xuño.