A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. 1. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Introdución.

1. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Introdución.

30 de Septembro do 2014

Doctor

Existe unha imaxe amplamente extendida do traballo agrícola como traballo san e saúdabel  que se desenvolve alonxado do medio urbano nun ambente menos contaminado que éste último e libre do stress de determinadas actividades que se propias nas Vilas e ciudades.

Esta visión, sen ser falsa, peca obviamente dun exceso de idealización e non sempre se corresponde coa realidade laboral de moitos homes e mulleres que traballan no agro. A realidade e que o traballo agrario esta asociado a toda unha serie enfermedades ou ao risco de padécelas.

O ambiente de traballo leva consigo a exposición a riscos físicos asociados ao clima, o terreo, os incendios e a maquinaria; riscos químicos asociados aos praguicidas, fertilizantes e combustibles; riscos biolóxicos que inclúen a exposición a po (orgánico e inorgánico) e alérxenos, e tamén contacto con plantas, animais e insectos; riscos ergonómicos e psicosociais, como a ma- nipulación manual de cargas, posturas forzadas, movementos repetidos, e unha organización de traballo cunha gran variedade de perigos para a saúde, en particular as moitas horas de traballo.
Algunhas das características específicas do traballo agrario son as seguintes:
A maioría das tarefas desenvólvense ao aire libre, expoñendo aos traballadores condicións climáticas adversas (traballo con frío e/ou calor extrema) que, ademais, fan moi difícil controlar a seguridade e saúde no traballo:

por exemplo, cando se producen refachos de vento mentres se están a aplicar produtos fitosanitarios, ou ao estalar tormentas durante os labores agrícolas.

  • O emprego de productos químicos y biológicos.
  • O contacto con animais e prantas que expoñen aos traballadores a mordiscos, envelenamentos, infeccioes, enfermidades parasitarias, alerxias, toxicidade  e outros problemas de saude.
  • O tipo de posturas de traballo e a duración das tareas a realizar.
  • A gran diversidade do tamaño das explotacions, a gran proporción de traballadores por conta propia e de traballadores eventuais.
  • A natureza estacional do traballo e a urxencia de certas tareas en períodos específicos; esto provoca a corta duración dos contratos; o traballador/a pode ser contratado para tareas agrarias dende unhas horas ou un dia , ate algunha semana ou mes.
  • Unha grande variedade das actividades as leva a cabo unha mesma persoa, cambiando frecuentemente de tipo de traballo e cultivo.
  • E un colectivo moi heteroxéneo, con escasa formación profesional, de idade avanzada e con grande participación familiar.

Dadas as características e a natureza do traballo agrario, as diferenzas existentes entre os distintos tipos de tarefas agrarias son moito máis marcadas que as existentes noutros sectores produtivos como a minaría, a construción ou a manufactura, resultando máis difícil aplicar as medidas de prevención de riscos laborais ás actividades e explotacións agrarias que aos da industria

Os datos oficiais sobre a frecuencia de accidentes e enfermidades profe
sionais non reflexan nin de lonxe os niveis reais de accidentalidade e enfermidade, sendo esta unha das asignaturas pendentes na mellora da Prevención na actividade agropecuaria . A situación agrávase respecto ás enfermidades profesionais. En efecto, os accidentes son doados de constatar cando se producen, mentres que as en fermedades requiren un diagnóstico especializado, que non sempre se alcanza. Existen numerosas razóns para explicar esta infranotificación. En primeiro lugar, hai que sinalar a escasa implantación da normativa de saúde laboral nas explotacións ,  en moitos casos a distancia dos traballadores ás instalacións sanitarias dos servizos de prevención, e a ausencia de plans para achegarlles a actividade sanitaria,que provoca que a tutela da saúde dos agricultores se realice polo médico de atención primaria, quen habitualmente non ten suficiente formación en medicina do traballo, nin coñecemento dos riscos profesionais do sector.

Isto leva consigo que non se realice unha vixilancia da súa saúde específica en función dos riscos do seu traballo.  O que á súa vez provoca que non se declaren enfermidades profesionais  este colectivo.

Á dificultade diagnóstica hai que engadir a procedente de determinar o ori
xe profesional de moitas enfermidades crónicas en persoas de idade avanzada: Nestes traballadores é moi difícil cuantificar e separar os efectos da idade e dos riscos laborais ao declarar unha enfermidade crónico-dexenerativa. Para rematar de complicalo, moitas vanse producir en traballadores"sin papeis", sen coberturas de seguridade social, co que tampouco chegaremos a coñecer onde se están a orixinar os problemas para poder previlos.