A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. 3. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Doenzas respiratorias.

3. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Doenzas respiratorias.

28 de Septembro do 2014

Moenda

Existe unha diversidade de manifestacións clínicas que abranguen dende trastornos leves ata insuficiencia respiratoria grave, incluíndo a asma profesional, tal como se indica vos diversos agregados orgánicos poden ser portadores de bacterias, mofo, toxinas e praguicidas, e ser transportados ás vías respiratorias provocando así dificultades pulmonares aínda máis serias.

O traballo agrario en recintos pechados tales como viveiros e silos pode expoñer aos traballadores elevadas concentracións de pos alérxenos. Os gases utilizados como praguicidas ou os que se desprenden como reacción cando se aplican os praguicidas (como o sulfuro de hidróxeno, e o cloro) afectan directamente, mediante irritación, ás paredes das vías respiratorias e entrañan riscos de reaccións asmáticas nas persoas que sofren de hiperactividade bronquial. A exposición a algúns antíxenos presentes no ambiente agrario pode provocar asma, entre eles pole, ácaros nos almacéns e po dos grans. A inflamación das membranas mucosas é unha reacción habitual ao po atmosférico en persoas con rinite alérxica ou antecedentes de atopía. As partículas vexetais no po de grans parecen causar irritación mecánica dos ollos, pero a exposición a endotoxinas e micotoxinas tamén pode asociarse a inflamación dos ollos, as foxas nasais e a garganta. A bronquite crónica é máis frecuente entre os agricultores que na poboación xeral. A maioría dos agricultores con esta enfermidade teñen antecedentes de exposición a po de gran ou traballo en edificios confinados dedicados á cría porcina. A bronquite crónica tamén foi descrita nos agricultores que cultivan cereais, especialmente na época de recolección.

A alveolite alérxica extrínseca (ou pneumonite por hipersensibilidade) está causada pola exposición repetida a antíxenos procedentes de substancias moi diversas, entre eles os microorganismos presentes no feo ou o gran. Este problema observouse tamén nos traballadores que limpan as naves de cultivo de cogomelos.

Os agricultores/as poden verse expostos a diferentes substancias que causan respostas pulmonares agudas. O dióxido de nitróxeno xerado nos silos pode causar a morte entre os traballadores que acceden ao seu interior. O monóxido de carbono xerado por fontes de combustión, entre elas os calefactores e os motores de combustión interna, poden causar a morte dos traballadores agrarios expostos a altas concentracións dentro dos edificios. Ademais das exposicións tóxicas, a deficiencia de osíxeno nos espazos confinados é unha causa continua e recorrente de mortes.

FACTORES DE RISCO DE ENFERMIDADES RESPIRATORIAS EN AGRICULTURA

Táboa 2