A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. 5. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Doenzas infecciosas e parasitarias

5. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Doenzas infecciosas e parasitarias

27 de Septembro do 2014

Matanza

As enfermidades infecciosas declaradas na Agricultura, oficialmente declaradas como tales,  corresponden a brucelose. Pero hai bastantes máis. As zoonoses son un serio problema de saúde pública, e comprenden algunhas das enfermedades máis propagandas e graves do mundo. A experiencia indica que esas enfermidades terán repercusións cada vez maiores nos índices de morbilidade no futuro.

Xeralmente, as enfermidades transmitidas polos animais pasan desapercibidas, sexa porque os propios animais non desenvolven a enfermidade ou porque os síntomas comezan a manifestarse nos seres humanos despois dun longo período de tempo. O contaxio pode producirse por contacto directo das mans co animal ou con materias e substancias derivadas del (pelos, carne, reses mortas, ósos, produtos residuais, abortos ou matanza), e tamén a través do contacto con ambientes contaminados. Esas enfermidades poden ser extremadamente graves para as persoas, e os seus tratamentos moi custosos. Os tratamentos adoitan ser complexos e requirir longos períodos de ingreso hospitalario, como no caso da tuberculose bovina, as tétanos e a tularemia.

A aparición de enfermidades parasitarias nos lugares de traballo obedece a diversas causas, unhas das cales é a inxestión de ovos de parasitos (como na hidatidosis e a amibiasis) que se encontren nos alimentos contaminados, as mans e ferramentas sucias ou en animais ou derivados animais. Certas larvas que viven na terra en zonas cálidas e húmidas poden introducirse no corpo dos traballadores a través da pel sa e das mucosas do nariz, a boca e a conxuntiva mentres traballan nas plantacións de arroz, en zonas nas que hai fungos e noutros terreos infestados de parasitos. O risco de contaminación aumenta nas áreas de temperaturas elevadas debido aos problemas que supón vestir roupas e botas, que de por sí poden incrementar a temperatura e provocar transpiración excesiva.