A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. 7. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Ruído e vibracións

7. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Ruído e vibracións

25 de Septembro do 2014

Motoserra

Na agricultura, o ruído adoita ser o resultado de vibracións de alta frecuencia producidas por máquinas. Durante o seu funcionamento, os motores poden producir moito máis dos 85 dB(A) establecidos como límite para previr a xordeira. E en tractores e máquinas con ou sen cabina adoitan producirse fenómenos de resonancia adicionais.

O ruído leva consigo consecuencias auditivas e doutro tipo. As primeiras provocan unha diminución da percepción doutros ruídos que se producen simultáneamente, por exemplo, berros de aviso dalgún perigo, cansazo auditivo, cando un traballador manifesta temporalmente un albor de audición máis alto, e xordeira profesional. As outras consecuencias adoitan aparecer varias horas despois da exposición e consisten en irritabilidade e tensión nerviosa. Ademais destes factores, os condutores de maquinaria agraria poden ver reducida a súa velocidade de reacción en tarefas psicomotrices, especialmente cando teñen que controlar simultáneamente varios elementos diferentes, así como cando deben adaptar a traxectoria da máquina ás irregularidades do terreo durante os labores específicos con tractores, remolques ou outras máquinas, cando levan a cabo tarefas conxuntas con outros traballadores.
A todo iso únese o efecto das vibracións de baixa frecuencia transmitidas ao corpo do condutor, que poden causar danos na columna vertebral e osteomusculares en xeral, ademais de incrementar a súa fatiga. O ruído e as vibracións constitúen dúas das agresións máis importantes que sofre todo condutor de maquinaria agrícola.

Táboa 4