A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. 8. Notificación e rexistro das enfermidades laborais

8. Notificación e rexistro das enfermidades laborais

24 de Septembro do 2014

INSS

A cualificación das enfermidades como profesionais corresponde ás entidades xestoras e colaboradoras do sistema da Seguridade Social (Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, INSS e ISM), que elaborarán e tramitarán o parte de enfermidade profesional correspondente.

A calificación  e posterior tramitación dunha enfermidade como profesional iniciase no momento que o persoal facultativo do Sistema Nacional de Saúde, con ocasión das suas actuacions profesionais tivera coñecemento da existencia dunha enfermidade que poidera ser calificada como profesional conforme aos Anexos de enfermedades profesionais que conten o Real Decreto 1299/2006, de 10 de Novembro polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema de Seguridade Social e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro (BOE 19.12.2006)

Os citados Anexos son asimismo tamén os Anexos de referencia  cando estamos ante enfermidades cuio orixe profesional se sospeita.

Nestos casos realizase unha comunicación aos efectos oportunos , a través do organismo competente de Galiza, a entidade xestora  aos efectos de calificación, e no seu caso a entidade colaboradora da Seguridade Social que asuma a protección das continxencias profesionais. Igual comunicación deberán realizar os facultativos do servizo de prevención, ali donde exista tal servizo.

Para estes efectos, os servizos médicos das Mutuas e do INSS deberán dar traslado no prazo de tres días hábiles á entidade xestora ou á Mutua que corresponda o diagnóstico das enfermidades profesionais dos seus traballadores/as . A cumprimentación e transmisión do parte de enfermidade profesional realizarase por vía electrónica, por medio da aplicación informática CEPROSS (Comunicación de enfermidades profesionais da Seguridade Social), á que se terá acceso a través da oficina virtual da dirección electrónica

  • https://www.seg-social.es, tras a habilitación do correspondente perfil de usuario

A comunicación inicial haberá de levarse a cabo dentro dos dez
días hábiles seguintes á data en que se producise o diagnóstico da enfermidade profesional, e a totalidade dos datos contidos no Parte no prazo máximo dos cinco días hábiles seguintes á comunicación oficial.
Cando os facultativos do Sistema Nacional de Saúde, con ocasión das súas actuacións profesionais, teñan coñecemento dunha enfermidade que podería ser cualificada como profesional, o comunicarán para os oportunos efectos, a través do organismo competente de cada Comunidade Autónoma  á entidade xestora ou colaboradora da Seguridade Social que asuma a protección das continxencias profesionais. Igual comunicación poderán realizar os facultativos do servizo de Prevención, no seu caso.

 Para o traballador agrario, o aseguramento das enfermidades profesionais conleva unha serie de melloras nas prestacions da Seguridade Social, tanto económicas como sanitarias.

Ademais, no caso destas enfermidades non se require período previo de cotización a efectos do dereito a prestacions, sendo ditas prestacións as seguíntes :

a) Prestacións de asistencia sanitaria

Teñen dereito á asistencia sanitaria por enfermidade profesional todos os traballadores/as por conta allea ou asimilados comprendidos no Réxime Xeral e asimilados.

Estes consideraranse, de pleno dereito, en situación de alta para os efectos de asistencia sanitaria pola devandita causa aínda que os empresarios incumpriran as súas obrigas ou aínda que a relación de emprego se celebrase en contra dunha prohibición legal.

Nestes casos, o empresario está obrigado a reintegrar o custo da asistencia á entidade que a preste, sen prexuízo do aboamento das cotas non satisfeitas e das sancións que correspondan. En todo caso a asistencia sanitaria comprenderá:

  • Tratamento médico e cirúrxico, as prescricións farmacéuticas que serán gratuítas- e en xeral todas as técnicas diagnósticas e terapéuticas precisas.
  • Os aparatos de prótese e ortopedia e os vehículos para inválidos.
  • A cirurxía plástica e reparadora adecuada en caso de deformacións ou mutilacións importantes.
  • A asistencia sanitaria prestaráse dende o momento en que se diagnostique a enfermidade profesional e durante o tempo que o estado patolóxico o requira.

b) Incapacidade temporal

Situación na que se encontran os traballadores incapacitados temporalmente para a actividade debido a enfermidade, mentras reciban asistencia sanitaria da Seguridade Social, incluindo os períodos de observación durante os cales prescriba a baixa no traballo . A cuantía da prestación e do 75% da base reguladora dende o dia seguinte ao da baixa na actividade.

c) Incapacidade permanente  

E a situación do traballador que, despois de haber estado sometido ao tratamento prescrito e de se dado alta médicamente, presenta reduccions anatómicas ou funcionais graves susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que disminuan ou anulen a súa capacidade laboral. Non será precisa a alta médica para a valoración da incapacidade permanente nos casos en que concurran secuelas definitivas.

Non se recoñecerá dereito ás prestacións de incapacidade permanente cando o beneficiario, na data do feito causante, teña a idade de 65 anos e reúna todos os requisitos para acceder á pensión de xubilación, salvo que a continxencia teña orixe profesional.
A incapacidade permanente ten distintos graos:

  • Incapacidade permanente parcial para a profesión habitual: situación de incapacidade que, sen alcanzar o grao de total, ocasiona ao traballador unha diminución non inferior ao 33% no rendemento normal para a súa profesión sen impedir a realización das tarefas fundamentais desta. A prestación consiste no pagamento do importe de 24 mensualidades da base reguladora para o cálculo do subsidio de incapacidade temporal. Esta prestación é compatible con calquera actividade laboral.
  • Incapacidade permanente total para a profesión habitual: Situación de incapacidade que inhabilita o traballador para todas as tarefas ou para as fundamentais da súa profesión, sempre que poida dedicarse a unha distinta. A prestación consiste nunha pensión por importe do 55% da base reguladora. Se o beneficiario ten 55 ou máis anos e non realizar traballo ningún, a prestación elévase ao 75% da base reguladora.
  • Incapacidade permanente absoluta: É aquela incapacidade que imposibilita ao traballador/a para desempeñar toda profesión ou oficio. A prestación consiste nunha pensión por importe do 100% da base reguladora. Esta calcúlase do mesmo modo que no caso da incapacidade permanente total. A prestación non é incompatible co desempeño de actividades, lucrativas ou non, que sexan compatibles co estado do beneficiario e que non representen un cambio na súa capacidade de traballo para os efectos de revisión.
  • Grande invalidez: Defínese como a situación dun traballador afectado de incapacidade permanente que, a consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, require doutra persoa para levar a cabo os actos esenciais da vida. A prestación consiste nunha pensión por importe do 100% da base reguladora, incrementado nun 50% adicional destinado á persoa que coida o inválido. Ese incremento pode substituírse por internamientoen unha institución asistencial pública da Seguridade Social.

d) Protección por morte e supervivencia   

Estas prestacions concedense con motivo do falecemento do traballador como consecuencia de enfermidade profesional. Son as seguientes:

  • Pensión de viudedade: En caso de que o falecemento sexa debido a continxencia profesional, a base reguladora se calcula dla misma forma contemplada para o caso da incapacidade permanente. A pensión e compatible con calqueira renta do traballo do beneficiario e coa pensión de xubilación ou invalidez.
  • Pensión de orfandade.
  • Pensión en favor de familiares.

e) Indemnización por lesións permanentes non invalidantes

Consiste nunha indemnización a prezo fixado que a Seguridade Social recoñece aos traballadores que sufran lesións, mutilacións e deformidades causadas por accidentes de traballo ou enfermidades profesionais que, sen chegar a constituír incapacidade permanente, supoñan unha diminución da integridade física do traballador, sempre que aparezan recollidas no baremo establecido para o efecto