A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. 9. Que fago en caso de enfermidade común ou accidente non laboral?

9. Que fago en caso de enfermidade común ou accidente non laboral?

23 de Septembro do 2014

Doutora

O primeiro que debes saber en caso de padecer unha enfermidade común ou ter sufrido un accidente que non teña que ver co teu traballo na explotación, é que tes 15 días naturais (contan todos, incluídos sábado e domingo) contados dende que o persoal médico do SERGAS che dá a baixa, para comunicarlle á Mutua ou ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) quen queda a cargo da granxa ou se te ves na obriga de pechala.

Que documentación hai que achegar?

  • 3 ultimos cupóns da Seguridade Social.
  • Fotocopia do DNI.
  • Certificado da conta bancaria.
  • Impreso de solicitude(cada mutua ten os seus).
  • Declaración de situación da actividade (moi importante entregala nos 15 dias naturais seguintes á baixa médica).
  • Parte de baixa médica.
  • Logo hai que entregar semanalmente os partes de confirmación que nos da o/a médico/a de cabeceira.

Onde se solicita?

Hai que entregar a solicitude e a documentación ou no INSS ou na mutua que temos escollida(se non lembramos cal é podese preguntar na Seguridade Social).

Canto se cobra?

  • Os cálculos coa base minima deste ano son : 875,70 /30 = 29,19 €
  • Os tres primeiros dias non se cobran.
  • Do 4º ao 20º día : 60 % 29,19= 17,51 €/día (297,73 €)
  • Do 21º día en diante: 75 % 29,19 = 21,89 €

Duración:

O tempo máximo que se pode estar de baixa médica son 365 dias, que se pode ampliar 180 dias máis se o decide a inspección médica.