A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. Riscos específicos das mulleres labregas en idade fértil, embarazo, posparto e lactación

Riscos específicos das mulleres labregas en idade fértil, embarazo, posparto e lactación

7 de Outubro do 2015

Muller labrega

Máis alá dos riscos que afectan por igual os traballadores/as agrarios de ambos xéneros, compre facer fincape en toda unha serie de riscos específicos aos que estan sometidos as mulleres que traballan na agricultura e na gandería. A análise destos riscos, frecuentemente ignorados ou subestimados en publicacións que analizan a problemática dos riscos laborais no agro, e de gran importancia, non so polo que supoñen os riscos en sí para as lábregas, senón tamén pola importancia cuantitativa e cualitativa que ten o feito de que a maioría das persoas que traballan no sector agropecuario galego señan mulleres.

Máis alá dos riscos que afectan por igual a traballadores e traballadoras do agro de ambos xéneros, cómpre facer fincapé en toda unha serie de riscos específicos aos que están sometidos as mulleres que traballan en actividades agrarias e gandeiras.

A análise destes riscos, frecuentemente ignorados ou subestimados en publicacións que analizan a problemática dos riscos laborais no agro, é de grande importancia, non só polo que supoñen os riscos en si para as labregas, senón tamén pola importancia cuantitativa e cualitativa que ten o feito de que a maioría das persoas que traballan no sector agropecuario galego sexan mulleres.

TIPOLOXÍA DE RISCOS E RECOMENDACIÓNS BÁSICAS

RISCOS FÍSICOS
  • VIBRACIÓNS: É de especial importancia evitar nos desprazamentos e traballo con máquinas un exceso de ruídos e de vibracións, cuxas consecuencias poden ser de especial gravidade durante o embarazo, chegando mesmo a supoñer situacións de abortos ou partos prematuros. 
  • RUÍDOS: Outro dos riscos físicos mais perigosos e frecuentes e a exposición a fontes de ruído, (por exemplo, determinado tipo de maquinaria agrícola ou de transformación e tratamento dos produtos). Os elevados niveis sonoros que provocan estas máquinas, especialmente cando a exposición é prolongada e continuada no tempo, pode mesmo ter consecuencias para o feto, polo que cómpre evitar a exposición continuada a estas fontes de ruído.
  • MANIPULACIÓN DE CARGAS: No referente ás cargas pesadas, como norma xeral cómpre evitar a súa manipulación. Cando haxa que levantar excepcionalmente obxectos con certo peso, é moi importante seguir as recomendacións que este mesmo manual fai no apartado referente ao levantamento e manexo de cargas. Unha práctica incorrecta neste ámbito pode ter consecuencias prexudiciais para a evolución do embarazo, chegando mesmo a provocar unha lesión fetal e/ou un  parto prematuro.
  • MOVEMENTOS/POSTURAS: En traballos de longa duración e de posturas forzadas, e de vital importancia evitar a posición de pe ou sentada sen repousos e sen cambios de postura. A permanencia excesiva en posturas forzadas durante o embarazo e a consecuente ausencia de repousos, ten suposto un incremento de abortos, partos prematuros e de diminución do peso do recen nacido.
  • TRABALLOS NO INTERIOR: As mulleres que traballan en espazos cerrados deben evitar a exposición a monóxido de carbono procedente de motores, tabaco, etc. Esta exposición pode afectar ao feto con efectos tóxicos.
  • TRABALLOS NO EXTERIOR: É de especial importancia evitar a exposición ao calor, sobre todo para que non se produzan situacións de deshidratación. Por outra parte tamén hai que evitar o frío intenso e os cambios bruscos de temperatura (especialmente durante o embarazo e a lactación).
RISCOS QUÍMICOS E BIOLÓXICOS
  • FITOSANITARIOS: No tocante aos riscos químicos e biolóxicos compre facer especial fincapé nos produtos perigosos e nas sustancias químicas que se manexan nos tratamentos fitosanitarios. O uso e manexo destes produtos especialmente perigosos durante o embarazo, posparto e lactación debe ser evitado ao longo dos citados períodos, moi especialmente cando así o sinale o manual de instrucións e a ficha de seguridade de tales produtos.