A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. Prevención de riscos laborais á hora de traballar en invernadoiros e cultivos baixo cuberta

Prevención de riscos laborais á hora de traballar en invernadoiros e cultivos baixo cuberta

15 de Septembro do 2013

Invernadoiro

Os invernadoiros constitúen un espazo de traballo que ten as súas particularidades con respecto á agricultura ao aire libre e, polo tanto, uns riscos específicos que convén ter en conta. O exceso de calor, estar arrodeados de material altamente inflamable ou aplicar produtos fitosanitarios tóxicos nun espazo pechado obríganos a adoptar medidas preventivas que anulen posibles efectos nocivos.

Consellos e recomendacións

  • Limitar o tempo de permanencia dentro dos invernadoiros ao realmente necesario as horas de menor incidencia da calor.
  • Ter unha boa ventilación, natural ou forzada.
  • Evitar a utilización continuada de vehículos a motor no interior de nvernadoiros con ventilación deficiente.
  • Intentar efectuar os tratamentos fitosanitarios durante as horas menos calorosas do día, sobre todo cando se usa roupa impermeable.
  • Evitar a acumulación de materiais combustibles (palés, cartón, broza, plásticos, etc).
  • As tarefas de pintado e reparación do plástico de invernadoiros deben realizarse espectando as medidas de seguridade axeitadas para este tipo de traballos (traballos en altura, etc).

Riscos mais habituais

  • Cortes, rabuñaduras e/ou pinchadas en partes do corpo.

  • Golpes de calor e déficits de hidratación.

  • Caídas ao mesmo nivel por chans irregulares ou por gomas de rego en zonas de paso.

  • Caídas a distinto nivel (especial precaución nos traballos de reparación en alturas).

  • Os relativos a manipulación e exposición a produtos fitosanitarios.

invernadoiro