A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. Riscos laborais derivados do contacto directo con animais

Riscos laborais derivados do contacto directo con animais

20 de Septembro do 2013

Pastoreo

En calquera explotación gandeira existen dous tipos de riscos importantes xerados polo gando. En primeiro lugar, o xerado polo contacto físico directo, que se refire á posibilidade de ser mancado polo propio animal, xa sexa por turro, cornada, mordedura, pisada, couce ou calquera outro tipo de lesión directa, intencionada ou non. Ademais, en segundo lugar, estaría a posible transmisión de enfermidades (zoonose).

As enfermidades transmitidas polos animais á persoas se poden contaxiar a través das seguintes vías de transmisión son 

  • Vía dérmica. Por contacto físico co animal ou cos seus excrementos, órganos, vísceras ou restos.

  • Vía parenteral. Por penetración a través de feridas na pel.

  • Vía dixestiva. Pola inxestión  de alimentos contaminados pola enfermidade, ou pola  bebida de auga ou outros líquidos contaminados (leite, etc.).

  • Vía respiratoria. Contaxio a través dos pulmóns, por respiración dunha atmosfera contaminada.

Existen tamén outros riscos secundarios que xorden da necesidade de utilizar medicamentos veterinarios, desinfectantes para o gando ou insecticidas. Tamén pode considerarse un risco non desprezábel a exposición a elevados niveis de ruído producidos polos animais en determinadas circunstancias ou os riscos eléctricos orixinados por máquinas muxidoras, cercas electrificadas, etc.

1. RISCOS DERIVADOS DO CONTACTO CON ANIMAIS

O manexo de animais en explotacións gandeiras intensivas ou extensivas conleva en moitos casos, por moi mecanizado que puidese estar o proceso de producción, un contacto físico cos animais que implica un determinado risco de accidente se non se teñen en conta algunhas cuestións básicas como as reaccións do animal, o estado das instalacións ou as proteccións existentes nas cortes, cuadras, granxas de cara a evitar contactos non desexados co gando.

Con carácter xeral poden realizarse unha serie de recomendacións para previr este tipo de accidentes, referidas tanto ao manexo do gando como ás características das instalacións nas que se aloxan os animais e realízanse determinadas labores, como por exemplo, o muxo na cabana destinada á produción de leite.

1.1. Achegarse a o animal con seguridade

  • Para traballar con un animal grande con seguridade, é indispensábel achegarse a eles de maneira apropiada.
  • A maioría de animais grandes poden ver en ángulos anchos ao seu o redor, pero hai un punto cego directamente detrás seu que non poden ver. Calquera movemento neste "punto cego" fará que o animal se poña desacougado e nervioso.

1.2. Separar o gando con coidado

  • Xa que a vaca é un animal moi pesado, non é boa idea tratar de separar as vacas manualmente utilizando portas ou taboleiros. Unha vaca ou cabalo aterrecido pode chegar a atacar. A maioría dos animais serán mais cooperativos si se moven a través dun corredor que teña distraccións mínimas.
  • Aínda que os Porcos non soen ser animais agresivos, poden ser perigosos se se ven ameazados, especialmente a femia protexendo ás súas crías. O mellor método para mover cochos é o de guiar os animais axudándose de portas e/ou paneis. É necesario anunciar a aproximación cara os cochos como se fai con outros animais. Nunca hai que camiñar cara eles sen facer ruído, porque é seguro que se sorprenderán.

1.3. Marcado do gando

  • Calquera método que se utilice para marcar o gando debe prever e contemplar a rapidez de actuación e sistemas de traballo que lle eviten sufrimentos innecesarios, que por outra parte, poden enfurecelo e provocar danos.

1.4. Manter unha iluminación homoxénea

  • As sombras mesturadas con luces dentro das instalacións nas que se manexa o gando aumentarán o temor e tensión do animal, o que pode provocar reaccións inesperadas, co conseguinte risco de pisadas, golpes...
  • Por iso, é recomendábel manter unha iluminación uniforme nestas áreas de movemento e de manexo do gando, para eliminar os riscos derivados deste tipo de reaccións inesperadas dos animais.

1.5. Limpeza e seguridade 

  • Manter a área de traballo limpa e libre de estorbos axuda a conseguir un ambiente laboral seguro.
  • Asegurarse de que todos os ferrollos e pancas non poden abrirse .
  • Hai que limpar as ramplas de cemento e andares regularmente para evitar escorregadas e tropezóns.
  • Manter as galletas e outras ferramentas punzantes gardadas cando non se están a utilizar.

1.6. A rapazada e os animais

  • Non é necesario que un animal ataque para que presente certo perigo para os nenos.
  • Un touro, unha vaca, un poldro, unha ovella ou un cocho poden matar ou ferir gravemente a un neno.
  • Os medicamentos veterinarios e o instrumental necesario para os aplicar poden danar aos nenos ou transmitirlles enfermidades. Ademais, o contacto cos animais ou as súas dexeccións tamén poden ser causa de transmisión de enfermidades.

Medidas preventivas para nenos e nenas

  • Non permitir a entrada de nenos en ningunha zona ocupada por animais potencialmente perigosos. Lembrar sempre que as femias que están a criar poden estar receosas e causar lesións.
  • Non deixar nunca ao alcance dos nenos xiringas hipodérmicas; gardalas en lugar seguro.
  • Impedir que os nenos estean en contacto con animais sen a supervisión dun adulto.
  • Asegurarse de que os nenos se lavan moi ben as mans despois de ter tocado algún animal.

Medidas preventivas para xente adulta

  • Extremar as medidas de hixiene persoal.
  • O gandeiro debe coñecer aos animais mais agresivos e non confiar nos aparentemente mais tranquilos.
  • O comportamento do animal é impredicible. Manexar os sempre con prudencia.
  • Substituír os exemplares especialmente agresivos e que supoñan un perigo potencial.
  • Extremar a precaución con exemplares non afeitos á presenza do ser humano ou que leven longos períodos soltos.
  • Achegarse aos animais en diagonal frontal, que o animal non se sinta sorprendido nin ameazado.
  • Cando se conduza ao gando en grupo evitar ir diante do mesmo. A posición lateral sempre é mais segura.
  • Cando sexa preciso atravesar vías rodadas, facelo acompañado de outra persoa, poñéndose un a cada lado. Tentar facelo a plena luz do día, portando roupa con cores rechamantes.
  • Nas operacións na corte, proceder sempre que sexa posíbel, ao baleirado de animais, en especial dos adultos. Se a súa presencia é inevitábel, evitar pasar entre estes e as paredes e os pesebres, especialmente de maneira lateral ou posterior.
  • Para as operacións delicadas, empregar os pesebres como parapetos.
  • Para operacións de vacinación, inxeccións, inseminado, castración e toda operación delicada en a que se corra o risco de reaccións estrañas, proceder sempre a unha suxeición adecuada do animal, tanto se é o veterinario o encargado de realizar estas operacións como o propio gandeiro.
  • Extremar a precaución en operacións de carga e descarga de camións. Son moi perigosas.
  • Os touros que se vaian conservar para machos deberánselles puír ou cortar os cornos e se lles colocará unha anela nasal para facilitar o seu posterior manexo.
Ficheiro adxunto