A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. 11 de outubro: Xornada de loita contra os tratados de libre comercio entre a Unión Europea, Estados Unidos e Canadá

11 de outubro: Xornada de loita contra os tratados de libre comercio entre a Unión Europea, Estados Unidos e Canadá

10 de Outubro do 2014

Protestas contra o TTIP

O 11 de outubro, coincidindo coa terceira xornada mundial contra o fracking, vaise celebrar un Día de Acción Europea contra os tratado de libre comercio que a Unión Europea pretende asinar con Canadá e Estados Unidos.

Na Galiza, desenvolveranse palestras informativas e concentracións de protesta na Coruña, Ourense, Compostela, Vigo e Ferrol, contando os actos nesta última cidade coa participación da nosa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, nunha palestra informativa que terá lugar no Ateneo Ferrolán ás 20:30 horas deste venres, 10 de outubro.

Charla Isa

Para máis información, podes visitar o seguinte ENLACE.