A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. O SLG apoiará mañá en Madrid a celebración do III Mercado da Transparencia

O SLG apoiará mañá en Madrid a celebración do III Mercado da Transparencia

24 de Marzo do 2009

Mercado celebrado polo SLG na Galiza no 2008

O Sindicato Labrego Galego apoiará mañá en Madrid a celebración do III Mercado da Transparencia, acción reivindicativa coa cal se denunciará a práctica reiterada do establecemento de marxes comerciais abusivas aplicadas polas empresas multinacionais da distribución aos nosos produtos.

 

ROLDA DE PRENSA SINDICATO LABREGO GALEGO EN MADRID

 

MÉRCORES

25

11:45

Paseo de Recoletos,

nas instalacións

do Mercado Agrario

MADRID

Intervirá 

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego

Como é sabido, estes beneficios, non regulados, implican prezos finais para os consumidores/as que multiplican o importe pagado aos produtores/as.

Mediante esta acción o SLG esixirá contundentemente, canda a Coordenadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), a elaboración dunha normativa que fixe prezos “de abaixo a arriba”, para produtores e produtoras, e que limiten dunha vez por todas as marxes comerciais coas que se están a enriquecer á nosa conta as multinacionais da alimentación.

Moitas grazas pela vosa atención.

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG.

TLF: 619 348 426