A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. 17 de abril. Día Internacional da loita campesiña

17 de abril. Día Internacional da loita campesiña

17 de Abril do 2009

foucenegro

Máis dun cento de accións conmemorarán hoxe o Día Internacional da Loita Labrega.
Na Galiza, o SLG participará no Entero da Agricultura convocado pola Plataforma Galega Antitransxénicos  e a Rede Anticapitalista hoxe en Compostela.

Comunicado de prensa da Coordenadora Europea Vía Campesina
(Yacarta, 16 de abril de 2009)

    As organizacións de labregos/as, traballadores/as sen terra, de mulleres rurais e da mocidade rural mobilízanse para o 17 de abril, Día Internacional da Loita Campesiña (1).

    Este ano, até 100 accións tales como manifestacións, teatros rueiros, vídeo proxeccións, accións directas, conferencias, mostras de arte, mercados de alimentos locais, publicacións, intercambios..., están a ser organizados polo movemento internacional de agricultores Vía Campesiña, os seus amigos e aliados.

    En Brasil as ocupacións de terras xa tiveron lugar en máis de 8 Estados para esixir o asentamento de 100.000 familias do Movemento Sen Terra (MST) e para denunciar o aumento do desemprego causado pola agroindustria e a crise económica. En España, varios grupos están a organizar máis de 17 eventos, incluíndo unha serie de protestas en contra dos transxénicos (OMG) que culminarán cunha manifestación masiva en Zaragoza baixo a lema “Non queremos transxénicos” (2).

      A 13ª edición do Día Internacional da Loita dos Campesiños e das Campesiñas está a levarse a cabo mentres o mundo enteiro está sacudido por unha multi crise global que afecta á alimentación e a agricultura, ao medio ambiente, así como toda a vida económica e financeira.

    Mentres tanto, a resistencia dos pobos é cada vez maior en todas partes e o movemento pola soberanía alimentaria está a gañar recoñecemento nas escenas política e social.
    Só nunhas poucas semanas, o movemento mundial gañou importantes vitorias:

*O 30 de marzo, as negociacións para o Acordo de Libre Comercio entre Centroamérica e a Unión Europea derrubouse despois de que Nicaragua abandonase a mesa de negociación baixo a presión dos movementos sociais, incluídos os membros de Vía Campesiña.
Este acordo podería forzar máis liberalización do comercio, mentres que a crise actual revela os perigos de deixar o mundo baixo a xestión dos comerciantes.

*O 6 de abril Vía Campesiña dirixiuse á Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova Yorke sobre a crise alimentaria mundial e o dereito á alimentación. Henry Saragih, coordinador xeneral do movemento campesiño, esixiu a adopción dunha Declaración dos Dereitos dos Campesiños polo organismo das Nacións Unidas (3).

*O 14 de abril, o presidente boliviano Evo Morais e 2.000 simpatizantes saíron con éxito dunha folga de fame esixindo que o Congreso votará a nova lei electoral que recoñeza a importancia das comunidades indíxenas no país.

    E o mesmo día, o ministro alemán de Agricultura Ilse Aigner anunciou unha prohibición sobre o cultivo e a venda do millo modificado xeneticamente de Monsanto (MON 810) no país. Membros de organizacións de todo o mundo loitaron durante décadas contra as sementes transxénicas que só benefician ás empresas transnacionales e destrúen os modos de subsistencia dos agricultores, das comunidades rurais, da saúde das persoas e do o medio ambiente.

    "Estas recentes vitorias mostran que o vento está a virar e que chegou o momento de reorientar políticas alimentarias cara á produción local de alimentos e a agricultura sustentable", dixo Henry Saragih. No Día Internacional da Loita Campesiña, A Vía Campesiña reafirma que a agricultura campesiña ten que substituír á agricultura industrial orientada á exportación agrícola co fin de garantir subministracións estables de alimentos, o emprego en todo o mundo, alimentos sans para todos e a protección do medio ambiente.

Moitas grazas pela vosa  atención.    

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego


 OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON
Xosé Ramón Cendán,
Membro do Consello da Coordenadora Europea Vía Campesina e
Responsábel de Relacións Internacionais do SLG
TLF: 619 900 002