A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Atentado criminal contra as oficinas da Vía Campesina en Honduras.

Atentado criminal contra as oficinas da Vía Campesina en Honduras.

14 de Agosto do 2009

logo vía campesina

 O SLG solidarízase coas compañeiras e compañeiros da Vía Campesina en Honduras e amosa o seu máis fondo apoio á sociedade civil hondureña en resistenza. Rerproducimos íntegramente o comunicado emitido pola coordenadora labrega internacional Vía Campesina ao respeito deste brutal ataque.

O Sindicato Labrego Galego forma parte da coordenadora internacional Vía Campesina dende o seu nacemento, no ano 1992. Na actualidade Lídia Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG, é a responsábel de sectores gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina e é membro da Comisión Internacional de Mulleres.

 

COMUNICADO DE PRENSA DE LA VÍA CAMPESINA HONDURAS

 

O pasado 12 de agosto, ás 23:30hrs, logo do toque de queda iniciado ás 22:00hrs, persoas descoñecidas a bordo dun Toyota turismo de cor crema placa PCA1981 dispararon contra a oficina da Vía Campesina en Honduras que coordina o compañeiro Rafael Alegría. O feito foi un claro atentado contra as nosas organizacións sociais e os seus/súas dirixentes sociais que están á fronte da resistencia contra o golpe de estado.

Lembrámoslles que fai uns 15 días houbo unha bomba capaz de matar a 15 persoas que se estalou na sede do Sindicato de Traballadores da Industria de Bebidas e Similares (STIBYS). Hoxe sumar estoutro feito criminal na oficina da Vía Campesina. As dúas organizacións antes mencionadas son parte da Fronte Nacional de Resistencia contra o Golpe do Estado.
Condenamos esta acción xa que as actividades da Vía Campesina e da Fronte Nacional de Resistencia contra o Golpe do Estado son completamente pacíficas. Agregamos que curiosamente cando se estipula un toque de queda os únicos que poden andar nas rúas son os policías.
A Vía Campesina en Honduras chama aos organismos de dereitos humanos nacionais e internacionais para vixiar e darlle seguimento non soamente a este feito contra a súa sede e os seus/súas dirixentes, senón á defensa dos dereitos humanos de todo o pobo Hondureño e das e dos compañeiros que están nas rúas en resistencia contra o golpe de estado desde fai 48 días. O dirixente Rafael Alegría comenta que “Os dereitos do pobo están a ser realmente violentados. Esta é unha situación lamentable, xa que desde que se iniciou a resistencia houbo moitos feridos, asasinados, capturados, desaparecidos e moitas outras violacións aos dereitos humanos dos hondureños.”

Rafael Alegría

Rafael Alegría na última conferencia internacional de La Vía Campesina, celebrada no 2008 en Mozambique.

Segundo un informe preliminar proporcionado por un dos avogados asesores da Fronte Nacional de Resistencia contra o Golpe do Estado, foron centos de persoas feridas e máis de 40 os detidos/as como resultado de feitos violentos suscitados onte en horas da tarde xa para culminar unha mobilización masiva e pacífica. O grupo de avogados da fronte interpuxo un recurso de Habeas Corpus para lograr a liberación das e os compañeiros detidos o día 11. A dirixencia da fronte mantén que eses disturbios foron ocasionados por persoas alleas á protesta, enviados polos golpistas, para provocar estes enfrontamentos e desprestixiar as protestas pacíficas que veu desenvolvendo a fronte. As persoas detidas están acusadas de rebelión, terrorismo e traizón da patria, entre outros delitos.

Salienta Alegría que “A Fronte de Resistencia non é responsable destes feitos. Os principios e a mística da Fronte son a marcha pacífica, o reclamo pacífico, a mobilización pacífica. En ningún momento usamos ou chamamos a feitos de violencia. Parece que estes feitos son de grupos interesados en facer fracasar a mobilización social que se encargan da provocación de toda esta situación e categoricamente dicimos que non temos ningunha responsabilidade nestes feitos.”
Por todo o sucedido nas últimas 24 horas, a Vía Campesina de Honduras fai un chamado á Vía Campesiña internacional, aos movementos sociais, organizacións defensoras de dereitos humanos nacionais e internacionais para que envían mensaxes ou delegacións para apoiar o que é a solidariedade e a defensa dos dereitos humanos en Honduras, e axudar a porlle un alto a tanta inxustiza e violencia en contra do pobo hondureño que se atopa indefenso.
Por favor, dirixir cartas de denuncia e/ou de solidariedade ás seguintes direccións:

 

Secretaria de Estado de Seguridad Pública
Coronel Jorge Rodas Gamero
Fax: (504) 237-9070/ 220-55-47
Correo: sseg.06@hotmail.com

Fiscalía de los Derechos Humanos
Lcda. Sandra Ponce
Fiscal Especial de Derechos Humanos
Tegucigalpa, Honduras
Fax: (504) 221-3656
Correo: ponce10s@yahoo.com.ar

Comité para la Defensa de los Derechos Humanos (CODEH)
Presidente Andrés Pavón
Correo: andres@codeh.hn, codeh@codeh.hn

Comité de Familiares de Detenidos Desaparecidos en Honduras (COFADEH)
Coordinadora Bertha Oliva
Correo: mail@cofadeh.org

La Vía Campesina de Honduras
Correo: laviacampesina@cablecolor.hn


Máis información sobor da resistencia ao golpe de Estado en Honduras:
http://www.movimientos.org/honduras.php

Twitter:
http://twitter.com/mingahonduras

Subscripción ao RSS da páxina:
http://www.movimientos.org/honduras/rss.php

--
European Coordination Via Campesina
www.eurovia.org