A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. A Lei de Representatividade no Agro: un exemplo antidemocrático para a sociedade

A Lei de Representatividade no Agro: un exemplo antidemocrático para a sociedade

29 de Outubro do 2009

liberdade de expresión

O pasado 21 de outubro foi publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) a aprobación por parte do Congreso e do Senado, da nova Lei de Representación das Organizacións Agrarias* (derrogación da Lei 23/1986).  No o actual marco legal esta é  unha lei antidemocrática, posto que nin tan sequera recoñece ás organizacións agrarias das distintas nacionalidades históricas recollidas no artigo 7 da Constitución Española.

Diante desta nova lei elaborada, dende o Sindicato Labrego Galego condeamos fortemente, facendo fincapé no carácter antidemocrático deste novo texto, o feito de que o criterio para a participación nos organismos agrarios creados en torno a esta reforma sexa establecido en ter 15 por 100 de los votos electorales en el conjunto de los procesos electorales realizados por las Comunidades Autónomas para su participación en órganos y entidades consultivos autonómicos, habiendo concurrido, como mínimo, a procesos electorales de nueve Comunidades Autónomas”.

 No o actual marco legal esta é, xa que logo, unha lei antidemocrática, posto que nin tan sequera recoñece ás organizacións agrarias das distintas nacionalidades históricas recollidas no artigo 7 da Constitución Española.

A efectos prácticos, a nova Lei de Representación das Organizacións Agrarias, supón que todas as organizacións existentes na actualidade e que teñen o seu ámbito de actuación só na Galiza, Euskadi ou Catalunya fican excluídas dos organismos de asesoramento e participación na creación da política agraria do Estado español (dos recentemente creados Consejo Agroalimentario del Estado e Comité Asesor Agrario), xa que aínda que tiveran o cen por cen do apoio dos labregos e labregas en ditas nacionalidades, seguirían sen ser tomadas en conta á hora de participar nos organismos onde se deseña a política agraria que lles afecta.

Esta lei impide polo tanto a organizacións como o Sinidicato Labrego Galego, “debatir las grandes orientaciones de la política agraria y alimentaria” que afectarán á Galiza, (territorio no que se atopan, por exemplo, o 56% das explotacións leiteiras do Estado español, ocupando tamén o terceiro lugar en produción de pataca -abarcando canda a Castela León e Andalucía o 71% da produción estatal-), xa que non poderemos formar parte do Consejo Agroalimentario.

 Tampouco poderá o SLG tratar “asuntos generales relacionados con la agricultura en tanto que sector productivo y con los intereses del mundo rural”, xa que non poderemos participar no Comité Asesor Agrario.

 O Sindicato Labrego Galego non pode menos que amosa-la súa fonda preocupación diante deste tipo de posicións antidemocráticas que constitúen un claro exemplo para toda a sociedade dun centralismo antidemocrático propio de etapas preconstitucionais na historia.

Os deputados e deputadas do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e do Partido Popular (PP), nunha clara vontade de eliminación da pluralidade de criterios, veñen de pactar coa nova lei de representatividade agraria deixar sen voz a unha grande parte do sector agrario galego e do resto do Estado, vetando mediante a Lei a participación nos órganos consultivos no ámbito agroalimentario a aquelas organizacións agrarias das nacionalidades históricas recoñecidas na Constitución.

Isto é como se a nivel político se decidira que só poden ser representantes no Congreso dos Deputados ou no Senado os partidos de ámbito estatal.

Con esta lei, as únicas vías pola que poderemos facerlle chegar ao Goberno español os problemas e propostas do agro galego serán a través da rúa, dos medios de comunicación e da cidadanía.

 Deixarnos sen voz nos órganos consultivos non vai servir para calarnos.

 

*Arquivo para descarregar: Lei de Representación das Organizacións Agrarias*

Ficheiro adxunto