A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Lídia Senra transmitirá mañá en Bruxelas as propostas da Coordenadora Europea Vía Campesina para a resolución da crise do leite

Lídia Senra transmitirá mañá en Bruxelas as propostas da Coordenadora Europea Vía Campesina para a resolución da crise do leite

9 de Novembro do 2009

ecvc

Lídia Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG e Responsábel do Sector Leiteiro na Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) será a encarregada de transmitir mañá ao “Grupo de alto nivel”* da Unión Europea para o tratamento da crise de prezos pola que está a atravesar o sector produtor de leite europeo, as propostas da Coordenadora Europea Vía Campesina para a resolución desta grave situación que se prolonga dende fai máis dun ano.

Canda L. Senra, a delegación da Coordenadora Europea Vía Campesina completarase con Yves Sauvaget, membro da comisión do leite da Confédération paysanne (Francia) e Xavier Delwarte, Secretario Xeral da FUGEA (Wallonie).

 

Logo do encontro co Grupo de alto nivel, esta delegación da Coordenadora Europea Vía Campesina transmitirá en rolda de prensa o posicionamento da ECVC ao tempo que dará conta dos resultados da reunión.

 

 

ROLDA DE PRENSA - COORDENADORA EUROPEA VIA CAMPESINA (ECVC)

 

DATA

HORA

LUGAR

VOCEIR*S

Martes

10

novembro

 

12:30hrs.

Hotel New Charlemagne-

salle Ambiorix

Boulevard Charlemagne

25-27, 1000

Bruxelas


 

-Lídia Senra,

Secretaria de Organización do SLG e Responsábel do Sector Leiteiro na ECVC)

- Yves Sauvaget,

membro da comisión do leite da Confédération paysanne

- Xavier Delwarte, Secretario Xeral da FUGEA.

 

 

* O “Grupo de alto nivel en materia do sector leiteiro” (High Level Expert Group on Milk (HLG)-Groupe d’Experts à Haut Niveau de l’UE sur le lait, ) foi creado a principios do outubro pasado pola Comisión Europea para examinar o futuro a medio e longo prazo do sector leiteiro. Está presidido por Jean-Luc Demarty, Director Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión, ficando os 27 Estados membros representados por “alt@s funcionari@s” (linguaxe administrativa da UE). O seu primeiro encontro tivo lugar o pasado 13 de outubro en Bruxelas. http://ec.europa.eu/agriculture/markets/milk/index_en.htm