A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. RdP n´A Terra Chá: Mobilizacións pola modificación das políticas agrarias os vindeiros 20 e 21 de novembro

RdP n´A Terra Chá: Mobilizacións pola modificación das políticas agrarias os vindeiros 20 e 21 de novembro

15 de Novembro do 2009

prezos xustos e regulación das marxes comerciais

Mañá, luns 16, ás 12:30, terá lugar unha rolda de prensa comarcal n´A Terra Chá para darmos conta das mobilizacións que o SLG levará a cabo nos vindeiros  20 e 21 de novembro. Actualizada.

A rolda terá lugar no Hostal Restaurante Terra Chá (R/ Domingo Goas, Vilalba). Intervirán como voceiros Adolfo Cabarcos, Secretario de Sectores Gandeiros, e Margarida Prieto, Coordenadora Comarcal n´A Terra Chá.

161109

Margarida Prieto Ledo, Coordenadora Comarcal n´A Terra Chá.

 

Rolda de prensa comarcal en Vilalba para darmos conta dos motivos e as reivindicacións que nos levan a apoiar as mobilizacións multisectoriais dos vindeiros 20 e 21de novembro, así coma as accións que serán levadas a cabo polo Sindicato Labrego Galego neste sentido.

A comarca d´A Terra Chá xuntarase ás mobilizacións que se desenrolarán o venres 20 dende as 12:00hrs diante do edificio da Xunta de Galiza en Lugo. Levaremos a cabo unha concentración reivindicativa e un mercado da transparencia, onde daremos conta á cidadanía dos prezos cobrados polo sector produtor en comparación cos importes presentes arestora no mercado.

Para acudir a Madrid o sábado 21 os autobuses sairán na noite do venres 20. Para máis información contactar co local do SLG de Vilalba.