A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Por que deixamos as nosas granxas atrás para vir a Copenhague?

Por que deixamos as nosas granxas atrás para vir a Copenhague?

17 de Decembro do 2009

Henry Saragih,  Coordinador Xeral da Via Campesiña

"Nós, o movemento campesiño internacional A via Campesiña, chegamos a Copenhague dende as cinco esquinas do planeta, abandoando as nosas terras, o noso gando, os nosos bosques, e tamén as nosas familias nos poboados e pobos dos que vimos para unirnos a todos vós."  Intervención de Henry Saragih,  Coordinador Xeral da Via Campesiña, en Copenhague.

Máis Vídeos, Radio e Informacións en www.viacampesina.org

171209

Mobilizacións en Copenhague.

 

 Por que é tan importante para nós vir até aquí? Existe mais dunha razón. Primeiro para dicirvos que o cambio climático xa está a ter un impacto directo sobre nós. Tróuxonos inundacións, secas e brotes de pestes que están a acabar coas nosas colleitas. Hei de resaltar que o fallo das nosas colleitas non é algo que sexa producido polos ou as campesiñas. Non, senón que son os diferentes axentes contaminantes cuxas emisións destrúen os ciclos naturais. Deste xeito, nós, os campesiños e campesiñas e as e os agricultores de pequena escala viñemos aquí para dicir que nós non imos pagar polos seus erros. E estamos aquí para pedir aos responsables das emisións que acepten as súas responsabilidades.

En segundo lugar, gustaríame compartir convosco algúns factores sobre quen son en realidade os que emiten gases con efecto invernadoiro de orixe agrícola: os novos datos recentemente publicados mostran claramente que son a agricultura industrial e o sistema alimentario globalizado os responsables de entre o 44 e o 57% do total das emisións de gases con efecto invernadoiro. Estes números pódense desglosar como segue: (i) As actividades agrícolas son responsables do 11 ao 15%; (ii) A roza e a deforestación causan un 15 ao 18% adicional; (iii) O procesado dos alimentos, empaquetado e o transporte causan dun 15 ao 20%; e (iv) A descomposición dos desfeitos orgánicos causan outro 3 ao 4%. O que significa que o noso sistema alimentario actual é o maior contaminante.

A cuestión á que agora habemos de responder é a seguinte: como solucionamos este caos climático e de fame e aseguramos unha calidade de vida mellor para os campesiños e campesiñas, cando todo o sector agrícola en si mesmo esta contribuíndo con máis da metade do total das emisións? Nós creemos que é o modelo industrial e o do agro-negocio o que está na raíz do problema xa que as porcentaxes mencionadas anteriormente veñen da deforestación e a conversión dos bosques naturais en plantacións de monocultivos, todo iso levado acabo polas Corporacións de Agro-negocios. Non por producións agrícolas familiares. Semellantes emisións de metano en agricultura débense tamén ao uso de urea como fertilizante petroquímico durante a Revolución Verde, masivamente apoiada polo Banco Mundial. Ao mesmo tempo, a liberalización do mercado agrícola promovido polos tratados de libre comercio (TLC) e pola Organización Mundial do Comercio (OMC) está, igualmente, contribuíndo ás emisións de gases con efecto invernadoiro debido ao procesado dos alimentos e o transporte destes ao longo e ancho do planeta.

Si sinceramente queremos atallar a crise do cambio climático, a única maneira existente é deter a agricultura industrial. Os agro-negocios non só contribuíron enormemente a esta crise climática, senón que tamén han masacrado aos e as campesiñas e pequenos agricultores do mundo. Millóns de campesiñas, mulleres e homes de todo o planeta, foron expulsados das súas terras. Millóns tamén son vítimas, en miles de formas diferentes, de violencia cada ano por que as súas terras están en zonas de conflito en Africa, Asia e América Latina. Os e as campesiñas e os xornaleiros supoñen a inmensa maioría do máis dun millón de persoas que sofren fame no mundo. E é debido ao libre comercio que moitos campesiños se suicidaron no Sur de Asia. Por todo isto, o fin do a agricultura industrial é o único camiño cara a adiante.

Traerán as actuais negociacións sobre o clima, baseadas en mecanismos comerciais sobre o carbón, algunha solución ao cambio climático? A isto, nós dicimos que estes mecanismos de comercio sobre o carbón servirá só aos países e compañías contaminantes, e só traerá desastres aos campesiños e ás xentes indíxenas dos países en desenvolvemento. A iniciativa REDD (Redución de Emisións da Deforestación e a Degradación, polas súas siglas en inglés) xa expulsou das súas terras a moitos indíxenas e a pequenos produtores e produtoras nos países en desenvolvemento. E máis e máis terras de cultivo están a ser convertidas en plantacións de árbores para atraer así máis créditos de carbón.

Na COP 13 en Bali 2007, A Via Campesiña propuxo a solución dos sen terra e os pequenos campesiños e campesiñas para o cambio climático: "@s campesiñ@s de pequena escala, sustentables, están a arrefriar o planeta".

E aquí, no COP 15, queremos traer de novo esta proposta, apoiada polas cifras que demostran que podería reducir en máis da metade as emisións de gases con efecto invernadoiro.

Estas cifras recóllense dende as seguintes afirmacións: (i) Recuperando a materia orgánica no chan reduciríanse as emisións nun 20 ao 35%; (ii) Revertendo a concentración da produción cárnica en producións-fábricas e reintegrando a produción conxunta de colleitas e gando reduciríanse as emisións dun 5 ao 9%; (iii) Situando os mercados locais e os alimentos frescos no centro do sistema alimentario reduciríanse tamén do 5 ao 9%; e (iv) Detendo a roza e a deforestación, eliminaríanse entre o 15 e o 18% das emisións.

En resumo, extraendo a agricultura dos grandes agro-negocios corporativos e devolvéndoa aos labregos e labregas, podemos reducir á metade a emisión total de gases de efecto invernadoiro. Isto é o que nós propomos, e chámase Soberanía Alimentaria.

E para conseguir isto, necesitamos que os movementos sociais traballen en conxunto e loiten xuntos para pór fin ás solucións hipócritas actuais que están hoxe sobre a mesa de negociación sobre o cambio climático. Isto é nunha condición sinequanon. Doutro xeito enfrontarémonos a unha traxedia moito maior de escala mundial. Nós, como movementos sociais, habemos de situar a nosa axenda sobre a mesa, por que nós somos as principais vítimas climáticas e @s primeir@s refuxiad@s climátic@s, e por isto é que a xustiza climática esta nas nosas mans.

Na Conferencia sobre Alimentación da FAO en 1996, os gobernos comprometéronse a reducir a fame á metade para 2015. A realidade é que recentemente, o número de famentos no mundo aumentou drasticamente. Non queremos que poida ocorrer o mesmo coas conferencias sobre o clima e ver como as emisións aumentan aínda máis, independentemente do que os gobernos negocien dentro do Foro de Nacións Unidas sobre a Crise do Cambio Climático.

Queremos convidar a todos os movementos presentes en Copenhague a unirse para pór conxuntamente a xustiza climática sobre a mesa. A xustiza climática só será alcanzada a través da solidariedade e a xustiza social.

 

Discurso de Henry Saragih, Coordinador Xeral da Via Campesiña

Apertura do Klimaforum, 7 de Decembro, Copenhague.