A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Organizacións agrarias e Xunta abordaron conxuntamente as prioridades da Política Agraria Común até o 2013.

Organizacións agrarias e Xunta abordaron conxuntamente as prioridades da Política Agraria Común até o 2013.

27 de Xaneiro do 2010

Reunión con Alberto Núñez Feijoo-PAC

Na xuntanza mantida na mañá de hoxe para abordar a estratexia a levar adiante en materia de  Política Agraria Común, o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, comprometeuse a consensuar  coas organizacions agraias unha posición como país diante da reforma da PAC no 2013 para defender o agro galego.

 O presidente da Xunta comprometeuse coas organizacións agrarias a consensuar unha reforma das políticas agrarias que inclúa os cambios normativos necesarios -aproveitando ademais a oportunidade que se presesenta coa presidencia do Estado español na UE- que garanta rendas xustas para os produtores e produtoras, alimentos sans e de calidade para  a cidadanía e o coidado do medio ambiente.

 

270110 Carme Freire Cruces (Secretaria Xeral do SLG), Paco Bello (Secretario Xeral de XXAA), Alberto Núñez Feijoo (Presidente da Xunta de Galiza), Samuel Juárez (Conselleiro do Medio Rural) e Roberto Iglesias (Secretario Xeral de UUAA.

 

270110

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, fixo fincapé na importancia do compromiso adoptado por Alberto Núñez Feijoo ao respeito de traballar por acadar un consenso entre organizacións agrarias e co Goberno galego  que garanta un posicionamento de país diante da PAC. [Abaixo, arquivo de audio para descarregar]

 

270110

 

Arquivo para descarregar:

Declaracións Carme Freire Cruces

Ficheiro adxunto