A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. As explotacións lácteas da Mariña poden ficar excluídas das novas liñas de axuda da PAC.

As explotacións lácteas da Mariña poden ficar excluídas das novas liñas de axuda da PAC.

15 de Febreiro do 2010

rubia galega

O Sindicato Labrego Galego da Mariña de Lugo vén de denunciar que as novas liñas de axudas da Política Agraria Común, concretamente as destinadas ás explotacións gandeiras de orientación láctea, deixan fora ás explotacións situadas nos concellos de Ribadeo, Trabada, Barreiros, Lourenzá e Foz.

 

Isto é debido a que, segundo se recolle no Real Decreto 66/2010, de 29 de xaneiro, sobre a aplicación no ano 2010 e 2011 dos pagos directos á agricultura e á gandeiría que vén de publicar o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, con data 30 de xaneiro, establécese como requisito para optar a estas axudas que a explotación beneficiaria esteña en zona desfavorecida ou de montaña.

 

Desde o SLG entendemos que non se debe aplicar este criterio, por canto as condicións para a produción de leite na comarca non é substancialmente mellor que a de outras zonas catalogadas como desfavorecidas (de feito, en amplas zonas da comarca xa non queda ningunha explotación láctea), e a non percepción destas axudas crearía un clarísimo agravio comparativo.

 

Chamamos a atención da Consellería de medio Rural para que evite este despropósito, na orde que ten que publicar para aplicar o Real decreto en Galiza.