A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Día Internacional da Muller: Polo recoñecemento legal dos dereitos das labregas

Día Internacional da Muller: Polo recoñecemento legal dos dereitos das labregas

8 de Marzo do 2010

COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

 

Con ocasión do Dia Internacional da Muller, a Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte, quere denunciar unha vez máis a discriminación que aínda existe para as labregas en Europa e que día tras día maniféstase na falla de recoñecemento legal para as mulleres que desenvolven a súa actividade nas explotacións agrícolas, especialmente para as que o fan no marco da explotación agraria familiar.

Dentro destas explotacións, os dereitos (cotas, ingresos, axudas) son recoñecidos á persoa que exerce a titularidade da explotación, que maioritariamente son os homes, deixando así a un amplo número de mulleres totalmente desprotexidas.

 

A Coordinadora Europea Vía Campesina demanda un cambio profundo das políticas e a posta en marcha de todos os mecanismos para o recoñecemento legal dos dereitos das labregas.

 

Reclamamos que se efectivice:

 

  • 1. Un igual acceso a todos os dereitos económicos e sociais.

  • 2. Un marco legal para a cotitularidade na explotación, así coma unha seguridade social alcanzábel para todas e equiparación das prestacións.

  • 3. Dereito a unha pensión de xubilación digna.

  • 4. Medidas de acción positiva para os proxectos agrícolas das mulleres.

  • 5. A PAC debe establecer mecanismos para que na aplicación das medidas que dela se derivan non haxa discriminación das labregas.

 

En definitiva, demandamos a eliminación de todas as discriminacións legais, sociais, económicas ou morais.

 

Apoiamos e participamos nas accións e manifestacións que a Marcha Mundial de Mulleres levará a cabo a partir do 8 de marzo até o 17 de outubro.