A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Declaración Alimentaria Europea: Por unha Política Agrícola e Alimentaria Común sa, sustentábel, xusta e solidaria.

Declaración Alimentaria Europea: Por unha Política Agrícola e Alimentaria Común sa, sustentábel, xusta e solidaria.

12 de Marzo do 2010

crise alimentaria

Logo de máis de medio século de industrialización da produción agrícola e alimentaria, a agricultura labrega reduciuse moito en Europa e as culturas alimentarias locais diminuíron. Hoxe o noso sistema alimentario é dependente dos combustíbeis fósiles, non recoñece a auga e a terra como recursos limitados, e apoia réximes alimentarios malos para a saúde, ricos en calorías e en graxa e pobres en froitas, verduras e cereais.

No futuro, o prezo crecente da enerxía, a perda drástica de biodiversidade, o cambio climático e a diminución das terras e da auga dispoñible son un reto para a produción alimentaria. Ao mesmo tempo, unha poboación mundial en expansión fai fronte á vez á fame, que se extende, e ás enfermidades crónicas de sobrealimentación.

Só conseguiremos respostar a estes retos cun enfoque completamente diferente fronte á política agrícola e alimentaria e ás súas prácticas. A Unión Europea debe recoñecer e apoiar o papel crucial da agricultura labrega na subministración de alimentos á poboación.

Todas as persoas deberían ter acceso a unha alimentación sa, segura, nutritiva. Os modos de produción, distribución e preparación da comida debería por en valor a diversidade cultural europea, proporcionando ao mesmo tempo a alimentación de maneira equitativa e duradeira.

A Política Agrícola Común (PAC) actual está en debate para reformarse no 2013. Despois de décadas de soberanía das empresas transnacionais e da Organización Mundial do Comercio (OMC) sobre a elección de política agrícola e alimentaria, é hora para a poboación europea de apropiarse de novo da súa política agrícola e alimentaria: é a hora da soberanía alimentaria. Cremos que unha nova política Alimentaria e Agrícola Común debe garantir e protexer un espazo cidadán na UE e os países candidatos, coa posibilidade e o dereito de definir os seus propios modelos de produción, distribución e consumo, a partires dos principios seguintes:

A nova Política Alimentaria e Agrícola Común :

1. Considera a alimentación como un dereito humano universal, e non simplemente como unha mercadoría.

2. Fixa como prioridade producir a alimentación humana e animal para Europa e volve a poñer o comercio internacional no seu xusto lugar, controlándoo con equidade, xustiza social e durabilidade ambiental.

3. Promove modos alimentarios sans, dirixíndose cara a réximes baseados nos vexetais e un consumo menor de carne, graxas saturadas, produtos ricos en enerxía e de produtos altamente transformados, respectando os modos alimentarios culturais e as tradicións populares.

4. Dá prioridade ao mantemento da agricultura con numerosos labregos/as  en todas as rexións que producen a alimentación e manteñen a paisaxe. Non é posible sen prezos agrícolas xustos e seguros, que deben permitir unha renda digna para os campesiños/as e para os asalariados/as agrícolas e prezos xustos para os consumidores.

5. Garanta condicións xustas e non discriminatorias aos labregos/as de Europa Central e Oriental, e apoia un acceso igualitario e equitativo á terra.

6. Respecta o medio ambiente global e local, protexe os recursos terminados do chan, da auga, aumenta a biodiversidade e respecta o benestar animal.

7. Garanta que a agricultura e a produción alimentaria son libres de transxénicos, e fomenta a diversidade das especies domésticas e culturas alimentarias.

8. Deixa de promover a utilización e a produción dos agro-combustibles industriais e dá a prioridade á redución do transporte en xeral.

9. Asegura a transparencia en todo o sector alimentario, de xeito que os cidadáns e cidadás 2 saiban como a súa alimentación se produce, de onde procede, o que contén e o que se inclúe no prezo final.

10. Reduce a concentración de poder na transformación e a distribución alimentaria e a influencia sobre o que se produce e consume, e promove sistemas alimentarios que acurtan a distancia entre campesiños e consumidores.

11. Fomenta a produción e o consumo de produtos locais, de tempada e de alta calidade conectando de novo aos cidadáns coa súa alimentación e os seus produtores.

12. Comprometa recursos para ensinar aos nenos as competencias e os coñecementos esenciais para producir, preparar e apreciar unha alimentación sá e nutritiva.

 

 

 _____________

 

Somos un amplo grupo de organizacións - de labregos/as, consumidores/as, ecoloxistas, altermundistas e ONGs da saúde pública e do desenvolvemento preocupados polo futuro da alimentación e da agricultura en Europa.

Do mesmo xeito que noutras rexións do mundo, o número de persoas e de organizacións que traballan por un sistema alimentario máis xusto, máis inclusivo e sustentabel vai en aumento. Moitos xa participan de maneira activa na construción dunha alternativa viabel á produción, distribución e consumo actuais, empezando polos cimentos. Este novo sistema agrícola e alimentario está firmemente baseado na equidade, o dereito universal á alimentación, a boa gobernanza e a transparencia.

En Europa, xa hai unha gran variedade emerxente de actividades renovadas por exemplo o aumento da produción a nivel local, os mercados locais, a adquisición local, o intercambio de sementes e cousas polo estilo. Ademais, cada vez hai máis movementos novos, como o Transition Town Movement, máis rexións libres de organismos xenéticamente modificados -OXM- e máis debates a nivel nacional e local sobre políticas alimentarias que dan mostra do apoio da poboación para alcanzar outra forma de alimentación e de agricultura.

Aínda así, non son suficientes as actividades de base e os movementos locais. Cremos que é hora de construír unha ampla coalición de grupos a nivel europeo para desafiar a Política Agrícola Común (PAC) e os plans declarados da Comisión Europea e dos gobernos para alcanzar unha nova PAC no 2013. A visión que teñen é a de manter a competitividade global da industria alimentaria europea como o obxectivo principal da PAC de Europa. O proceso político para a nova PAC 2013 acaba de dar comezo. É necesario lanzar unha mensaxe rotunda que vaia dirixido, non só aos que elaboran as políticas da UE senón tamén aos nosos países, para unha nova PAC adecuada ao século XXI.

Creamos unha Declaración sobre a Alimentación en Europa: por unha Política Agrícola e Alimentaria Común sa, sustentabel, xusta e de mutuo apoio onde aparezan reflectidos os obxectivos da política dunha PAC para as próximas décadas tal e como cremos que deberían ser. Convidamos a todas as organizacións, grupos e persoas individuais a que asinen esta declaración para utilizala como ferramenta para fomentar o debate sobre que tipo de política agrícola e alimentaria necesitamos. Tamén lle pedimos que faga circular esta declaración entre outras organizacións de base, da sociedade civil, do medioambiente e de alimentación que participen de maneira activa na construción dun sistema alimentario mellor.

O noso obxectivo é recoller todas as sinatuas que poidamos dentro das nosas diversas redes de traballo antes de finais de xaneiro do 2010. A principios de febreiro, convidaremos o público a unirse ao noso movemento.

Esta declaración é o primeiro paso, dentro dos nosos esforzos, para construír un amplo movemento de cambio por unhas políticas e prácticas de soberanía alimentaria en Europa, incluíndo a UE. Tamén temos pensado organizar un foro para toda Europa no 2010 ou o 2011 para a xente e as organizacións a quen lles preocupen estes temas e que queiran unir forzas para alcanzar un obxectivo común entre todos. Si está interesado en participar na preparación do devandito foro ou en axudar a organizalo, póñase en contacto connosco.

 

En solidariedade,

Coordinación Europea Via Campesina

Amigos da Terra Europa

Plataforma Europea sobre a Soberanía Alimentaria

Consorcio Europeo de Saúde e Agricultura

Attac Austria

Etc.