A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Continuación en Chantada da rolda de debate do SLG sobre a futura PAC2013

Continuación en Chantada da rolda de debate do SLG sobre a futura PAC2013

25 de Marzo do 2010

DEBATE INFORMATIVO PAC CHANTADA

Mañá, venres 26 de marzo, o Sindicato Labrego Galego celebrará en Chantada a seguinte das xornadas técnico-sindicais de información sobor da actual Política Agraria Común (PAC) e debate da vindeira PAC2013, enmarcada na rolda de debate e información que estamos levando a cabo ao longo do presente mes de marzo.

Nesta xornada tamén se dará conta da situación e configuración dos prezos dos produtos agrogandeiros a nivel mundial, así coma da súa repercusión nas nosas explotacións.

 

Participarán nas xornadas a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire Cruces e a Coordenadora Comarcal de Chantada, Ana Rodríguez.

 

 

 

Salón de Actos da Casa Sindical de Chantada. (Praza de Galiza s/n)

De 11:00hrs. a 18:00hrs.