A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Continuamos en Vilalba a rolda de debate da PAC2013 e das implicacións para a nosas explotacións

Continuamos en Vilalba a rolda de debate da PAC2013 e das implicacións para a nosas explotacións

6 de Abril do 2010

pac2013 a terra chá

Mañá, mércores 7 de abril, o Sindicato Labrego Galego celebrará a partires das 11:00hrs., no Hostal Restaurante Terra Chá de Vilalba, a seguinte das xornadas técnico-sindicais nas que estamos a abordar as axudas da Política Agraria Común (PAC), así coma as novidades introducidas neste ano da man da reforma levada a cabo durante o ano pasado, denominada “chequeo médico da PAC”.

Debatiranse asemade as diferentes posicións existentes ao respeito da próxima PAC correspondente ao período 2013-2015, ao tempo que se dará conta da situación e configuración dos prezos dos produtos agrogandeiros a nivel mundial e a súa repercusión nas nosas explotacións.

 

Asistirán ás xornadas o Coordenador de Sectores Gandeiros, Xavier Gómez Santiso e a Coordenadora Comarcal da Terra Chá, Margarida Prieto Ledo.