A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Outra agricultura, outra Europa!

Outra agricultura, outra Europa!

29 de Maio do 2010

logo manifestación mérida pac2013

Baixo o lema “Outra agricultura, outra Europa”, a Coordenadora Europea Vía Campesina (CE-VC), canda numerosas organizacións sociais e ecoloxistas do Estado, levará adiante en Mérida, ás 12:00hrs de mañá -domingo 30-, unha manifestación en demanda da elaboración dunha nova Política Agraria Común (PAC) baseada en criterios agrosociais, que signifique a ruptura da actual connivencia entre as políticas agrarias e os intereses das multinacionais dos agronegocios

Diante dos ministros e ministras de agricultura -reunidos/as en xuntanza “informal” estes días en Mérida para debater sobre a PAC que será aplicada a partires do 2013- visibilizaremos a existencia dunha cada vez máis forte alianza da sociedade civil europea -da cal somos partícipes o Sindicato Labrego Galego canda o resto de organizacións integrantes da CE-VC- a prol da consecución dunha nova política agraria enmarcada na soberanía alimentaria, rexeitando e facendo fronte á concepción capitalista e neoliberal que domina o actual sistema alimentar europeo (tanto a nivel produtivo -sistemas de produción intensiva- coma de distribución -deslocalización-), e que está a supoñer a desaparición das labregas e labregos de toda Europa, ao tempo que avanza nunha dictadura de mercado que ameaza por dominar o control da base da nosa existencia: a alimentación e o medioambiente.

mérida pac2013

“OUTRA AGRICULTURA, OUTRA EUROPA”

 

Chamamento ás Xornadas Alternativas fronte á reunión de Ministros de Agricultura da UE en Mérida (maio-xuño 2010)

 

 

 

A agricultura: unha cuestión que incumbe a toda a sociedade

 

O traballo da terra -a agricultura, a gandaría e a pesca-, é a fonte da alimentación humana e un factor esencial para o benestar dos pobos e as nacións. A satisfacción das necesidades básicas de alimentos para as poboacións humanas, desterrando a fame e a malnutrición, é un dereito humano universal e un dos Obxectivos do Milenio, que a ONU se propuxo alcanzar no ano 2000. Dunha alimentación saudable depende tamén que se poida garantir a calidade de vida e a conservación das persoas sen perigos nin enfermidades.

 

Ademais, a agricultura constitúe o armazón fundamental das relacións da humanidade coa natureza terrestre: os labores campesiños son no seu conxunto a relación máis básica entre o ser humano e a natureza viva. O ecosistema no que os seres humanos inserímonos, foi producido polos labores agrícolas despois do traballo de incontables xeracións e miles de anos sobre a paisaxe da Terra. De aí a enorme responsabilidade á hora de afrontar a produción agrícola, por parte de traballadores e traballadoras do campo que producen os alimentos, dos gobernos que regulan a produción, e da cidadanía que consome eses produtos.

 

O actual sistema de produción industrial, baixo o réxime de capitalismo especulativo globalizado, está dominado por grandes transnacionales da alimentación; estas forzaron a liberalización dos intercambios comerciais a nivel mundial, con desastrosas consecuencias para os ecosistemas naturais, sen conseguir alimentar adecuadamente a miles de millóns de persoas nos países empobrecidos.

 

Por iso, con motivo da reunión dos Ministros de Agricultura da UE (Unión Europea), que celebrará para debater sobre a futura reforma da PAC (Política Agraria Comunitaria), un conxunto de ciudadan@s e asociacións cidadás en Estremadura, o Estado Español e a Unión Europea apelamos á conciencia da humanidade sobre os enormes problemas expostos pola organización da economía capitalista, respecto da alimentación humana e da nosa relación coa natureza, e queremos manifestar a nosa preocupación polo estado actual da agricultura, reflexionando sobre as seguinte cuestións:

 

 

 

O sistema agroalimentario industrial e global xera miseria e degradación ambiental

 

1. A produción de alimentos:

 

A agricultura dos nosos días realízase no marco do sistema político neoliberal, no que unhas cantas grandes empresas transnacionales controlan a maior parte da cadea agroalimentaria no mundo, desde os insumos para a produción ata que chega aos fogares.

 

1.1. As grandes empresas, que producen ou distribúen a maioría dos alimentos comercializados no mundo, manteñen o control da produción agrícola, ben directamente mediante a posesión de grandes latifundios dedicados ao monocultivo, ou ben condicionando aos campesiños propietarios a través da venda de sementes,fertilizantes e abonos, ou a través dos medios para o control de pragas, ou mediante as redes de comercialización, etc.

 

A PAC impulsa ese modelo de agricultura industrial especulativo, que concentra a produción xerando un uso intensivo dos recursos naturais e é un modelo insustentable polo seu gran impacto ambiental e territorial. As axudas agrícolas deberían estar condicionadas ás prácticas ambientais de agricultores e gandeiros, e non á promoción do modelo industrial destrutor dos ecosistemas naturais.

 

1.2. O interese desas grandes empresas non estriba en alimentar á poboación ou coidar o medio ambiente, senón en incrementar os seus beneficios, polo que esa situación ten varias consecuencias nocivas:

 

-perda de calidade da alimentación e dos alimentos, que deixan de ser frescos.

 

-deterioración do medio ambiente por unha agricultura agresiva en busca de competitividade (insecticidas, abonos, transxénicos, etc.)

 

-enormes gastos de transporte que se poden permitir polos prezos baratos dos combustibles fósiles.

 

-malas condicións de vida e malos tratos dos animais domésticos.

 

-monocultivos que levan a perda da biodiversidade.

 

-peores condicións para os traballadores agrícolas e perda da soberanía alimentaria dos pobos.

 

En definitiva, ao ofrecer ás multinacionais agroexportadoras o control da alimentación, a Unión Europea está a sacrificar a agricultura familiar sustentable e a garantía dunha alimentación sa, diversa e segura. Abandónase o modelo social de agricultura, que garante a xestión sustentable do territorio, a sustentabilidade e a economía rural. Pola contra, a PAC debe priorizar o comercio rexional e local, e proporcionar apoio ás redes de procesado dos alimentos nos lugares de orixe. A iso débese engadir a crise alimentaria do último ano e medio, orixinada polo aumento dos prezos agrícolas, debido en boa medida á especulación, e fronte á cal a UE non ten unha política coherente.

 

 

 

2. A distribución.

 

O control cada vez máis exahustivo dos mecanismos económicos polas grandes empresas, maniféstase na comercialización a través de grandes cadeas de distribución que dominan o mercado da alimentación, extraendo grandes beneficios económicos que apenas chegan aos produtores directos que traballan no campo. O proceso de formación dos prezos alimenticios carece de transparencia, de modo que os consumidores pagan un prezo excesivo, moi afastado do prezo que reciben os produtores, o cal en moitos casos non lles chega para cubrir os custos de produción.

 

2.1. Esa organización da produción é unha maneira de transferir rendas desde o sector agrario ao sector financeiro a través das redes comerciais. E como consecuencia prodúcese:

 

-o empobrecimiento das economías campesiñas, a súa decadencia cultural e a súa dependencia respecto das cidades. Nos países máis desenvolvidos esa situación compénsase polas subvencións ao campo, o que permite planificar a produción agrícola pola administración europea, en dependencia dos intereses das grandes empresas.

 

-a emigración do campo á cidade está a intensificarse nas últimas décadas de maneira notable. O número de traballadores do campo no Estado español siguedesde hai tempo unha tendencia á baixa, deixándonos hoxe en día nun 4%. O declive da agricultura en moitas zonas rurais afastadas dos eixos económicos ha suposto o abandono de numerosos pobos e comarcas cada vez máis despobladas.

 

- Faise necesario que a Administración actúe co obxectivo de erradicar a especulación dos mercados agroalimentarios, eliminando as prácticas fraudulentas evidentes. Débese desenvolver a capacidade lexislativa do Estado para garantir os produtos de primeira necesidade, fixando prezos e marxes de comercialización máximos.

 

2.2. Desenvólvese unha comercialización a longa distancia que leva unha industria de conservación e empaquetamiento, que ademais de ser moi custosa, é de dubidosa salubridade e moi contaminante. Os vertedoiros convértense nun dos principais factores contaminantes do medio ambiente, e a xestión dos residuos uno dos principais quebradizos de cabeza das corporacións locais.

 

 

 

3. O consumo:

 

3.1. A creación dunha industria do consumo que depende da publicidade e que se articula nas grandes superficies comerciais; leva os seguintes prexuízos e inconvenientes:

 

-masificación do consumidor e uniformización dos produtos que perden calidades alimenticias.

 

-ruptura das relacións entre produtor e consumidor que facilita a explotación dos traballadores e a terra.

 

-perda das tradicións culinarias, substituída por comida adulterada e de pésima calidade, con malas consecuencias para a saúde e a aparición de enfermidades cada vez máis frecuentes como a obesidade.

 

-dependencia do transporte por automóbil privado con gasto de tempo e enerxía para os cidadáns que ten que desprazarse até as grandes superficies.

 

-o consumidor ten dereito a que a etiquetaxe dos produtos agroalimentarios reflicta unha información obxectiva, veraz, eficaz e suficiente sobre as súas características esenciais e o proceso que seguiron.

 

Baixo a aparencia dun discurso elaborado sobre a importancia do medio ambiente, a xestión do territorio, a calidade de vida, o desenvolvemento rural, o cambio climático e as enerxías renovables, a Comisión Europea non recoñece a catástrofe humana que supón a agricultura industrial baixo o modelo neoliberal e proporse profundar na actual dirección económica, que fai desaparecer o modelo social de agricultura e encarece a alimentación aos consumidores.

 

 

 

Por un modelo agroalimentario sustentable social e ecoloxicamente

 

Defendemos o dereito á soberanía alimentaria de todos os pobos, no marco dunha produción sustentable, segura, nutritiva, variada e adaptada ambientalmente e culturalmente. Os países e rexións non poden renunciar a decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo, para favorecer unha liberalización dos intercambios que resulta insustentable e condena a rexións enteiras á dependencia de subministracións.

 

Defendemos un modelo agrario que fixe poboación no medio rural, por medio de producións sustentables de materias primas e da transformación dos alimentos nas propias explotacións, de forma que o valor engadido da produción agraria queden nas economías rurais. Para iso debe establecerse unha lexislación específica que apoie á transformación artesanal dos alimentos, e incentivar o uso dos recursos agrarios infrautilizados polo modelo agrario industrial. Dentro deste modelo, as producións agrarias con maior uso de man de obra deben ser prioritarias, e de entre elas as producións ecolóxicas, cun gran potencial para rendibilizar unha maior forza de traballo.

 

Os modelos agroecológicos de produción, que melloran o medio ambiente, como a agricultura ecolóxica, deben ser apoiados firmemente na súa comercialización en formación e en investigación. Así como manejos que reducen o consumo de auga e que enriquecen o chan de materia orgánica, como ferramenta imprescindible para mitigar o cambio climático. Dentro deste modelo de agricultura sustentable, a investigación e as subvencións a modelos insustentables de agricultura debe ser desmantelados, e os Organismos Modificados Xeneticamente deben ser prohibidos. Os cultivos agrarios destinados a combustibles deben ser prohibidos, polo seu ineficiencia enerxética e por substituír a produción de alimentos nun planeta no que se pasa fame.

 

A agricultura e a alimentación son cuestións que afectan o conxunto da sociedade, e por iso queremos apoiar a construción de alianzas entre produtores e consumidores, que hoxe son os elos mais débiles da cadea agroalimentaria e que á súa vez son os máis importantes. Esta alianza debe levar a construír modelo agroalimentarios ao servizo das comunidades locais e en harmonía cos ecosistemas.

 

 

 

Chamamento á protesta contra a Europa do Capital e fronte á súa Política Agraria

 

Para reflexionar sobre estas cuestións, convocamos á cidadanía estremeña e europea a unhas Xornadas OUTRA AGRICULTURA, OUTRA ESTREMADURA, OUTRA EUROPA, a celebrar os dias 29 e 30 de Maio de 2010, coincidindo coa reunión dos Ministros de Agricultura de UE en Mérida, co obxectivo de presentar un memorándum de problemas sen resolver aos responsables das políticas comunitarias en materia de produción agrícola.

 

ORGANIZACIÓNS CONVOCANTES:

 

Coordenadora Europea Vía Campesina, Plataforma Ciudadana Refinería No (PCRN), Baladre, Ecologistas en Acción, Plataforma Rural, Coordinadora Anticapitalista contra la Crisis (CACC), IU-Extremadura, Sodepaz, CNT, COAG-Extremadura, Vámonos de Jhuerta, Juventudes Comunistas, Colectivo CALA (Alburquerque), Redes cristianas de Extremadura, Centro de Estudios Humanistas, Los Verdes, ADENEX, Extremadura sana, Setem-Extremadura, Foro Social de Cáceres, Plataforma Térmicas No, CGT, Amigos de la Tierra, Cáritas Española, Colectivos de Acción Solidaria, Confederación de Consumidores y Usuarios (CECU), CERAI, CIC Batá, CIFAES, COAG (Coordinadora de Agricultores y Ganaderos), Colectivo Tierra de Campos, Entrepueblos, Fundación Emaus, Jóvenes Rurales Cristianos, Movimiento Rural cristiano, Mundubat, Red África Europa, Red de semillas “Resembrando e Intercambiando”, SEAE, SOC, Universidad Rural Paulo Freire, Veterinarios sin fronteras, Xarxa de Consum solidari, ACSUD las Segovias.