A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Isabel Vilalba, do SLG, resultou elixida membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina

Isabel Vilalba, do SLG, resultou elixida membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina

16 de Febreiro do 2011

Isabel Vilalba

A asemblea da Coordinadora Europea da Vía Campesina estivo reunida esta semana, en Bruxelas, para elixir un novo Comité de Coordinación. A responsábel de Soberanía Alimentaria e de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, foi unha das persoas escollidas para formar parte deste órgano directivo, elección que coincide coa marcha de Lidia Senra Rodríguez do mesmo. Senra foi responsable, durante os dous últimos anos, das áreas de Mulleres e Producións Gandeiras na ECVC.

Isa Vilalba na FAO

Lidia Senra coa ECVC

Na imaxe de arriba, Isabel Vilalba na asemblea da FAO celebrada en Roma en decembro de 2010. Abaixo, Lidia Senra nunha das últimas actividades que coordinou como responsábel dos sectores gandeiros da Coordinadora Europea da Vía Campesina: un seminario europeo do sector lácteo, celebrado en Compostela en xaneiro de 2011, no que se fixaron as directrices a defender polas organizacións da ECVC diante da posible reforma da política leiteira europea.