A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Mozos e mozas do SLG denuncian en Madrid as dificultades da xente nova para incorporarse á actividade agraria

Mozos e mozas do SLG denuncian en Madrid as dificultades da xente nova para incorporarse á actividade agraria

15 de Xaneiro do 2014

Duquesa e Conde

Unha comitiva de mozos e mozas do Sindicato Labrego Galego viaxou hoxe, 15 de xaneiro, até Madrid, para apoiar unha concentración de protesta diante do Ministerio de Agricultura de cara denunciar as dificultades da xente nova para incorporarse á actividade agraria. A mobilización foi organizada polas Mocidades Agrarias de COAG, organización da que forma parte o SLG, e a ela acudiron mozos e mozas de todo o Estado.

O obxectivo da concentración foi pór o punto de atención nas dificultades devanditas e reivindicar medidas que faciliten a instalación de labregos mozos e labregas mozas diante da crecente demanda (+79%). Dende COAG denunciouse que, máis que facilidades, os mozos e mozas que queren incorporarse á actividade agraria atópanse con atrancos coma “un auténtico sudoku burocrático, o atraso no pagamento de axudas, drásticas retalladas orzamentarias, restricións no crédito bancario, dificultades para acceder á terra ou unha nova Política Agraria Común (PAC) que non facilita o relevo xeracional”. Neste senso, cómpre lembrar que tan só un 5'3% dos labregos e labregas teñen menos de 35 anos e ás penas reciben o 5% das axudas da PAC.

Na protesta, de xeito simbólico, repartíronse 8.300 mazás entre a cidadanía como símbolo da necesaria frescura que precisa o campo para garantir un sector agrario sostible.

Manifestación mocidades COAG