A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Agraria: 2010

  1. COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

    Día Internacional da Muller: Polo recoñecemento legal dos dereitos das labregas

    8 de Marzo do 2010 · 

     

    Con ocasión do Dia Internacional da Muller, a Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte, quere denunciar unha vez máis a discriminación que aínda existe para as labregas en Europa e que día tras día maniféstase na falla de recoñecemento legal para as mulleres que desenvolven a súa actividade nas explotacións agrícolas, especialmente para as que o fan no marco da explotación agraria familiar.

  2. La Via Campesina Internacional

    A Vía Campesina valora o recoñecemento preliminar dos dereitos das labregas/os pola ONU

    17 de Febreiro do 2010 · 

    Comunicado de prensa da Vía Campesina Internacional. O movemento labrego internacional A Vía Campesina saúda o recoñecemento preliminar por parte das Nacións Unidas do papel e dos dereitos do campesiñado e a pequena agricultura ao redor do mundo.

  3. rubia galega

    As explotacións lácteas da Mariña poden ficar excluídas das novas liñas de axuda da PAC.

    15 de Febreiro do 2010 · 

    O Sindicato Labrego Galego da Mariña de Lugo vén de denunciar que as novas liñas de axudas da Política Agraria Común, concretamente as destinadas ás explotacións gandeiras de orientación láctea, deixan fora ás explotacións situadas nos concellos de Ribadeo, Trabada, Barreiros, Lourenzá e Foz.

  4. Reunión con Alberto Núñez Feijoo-PAC

    Organizacións agrarias e Xunta abordaron conxuntamente as prioridades da Política Agraria Común até o 2013.

    27 de Xaneiro do 2010 · 

    Na xuntanza mantida na mañá de hoxe para abordar a estratexia a levar adiante en materia de  Política Agraria Común, o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, comprometeuse a consensuar  coas organizacions agraias unha posición como país diante da reforma da PAC no 2013 para defender o agro galego.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3