A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Agraria: 2015

  1. 17 de abril: Liberemos aos labregos e ás labregas de tratados de libre comercio como Mercosur, CETA ou TTIP!

    17 de abril 5 de Abril do 2018 · 

    O 17 de abril de 1996, 19 labregos Sem Terra foron asasinados a tiros por unha milicia privada en Eldorado dos Carajás, Estado de Pará, Brasil. O seu crime: a ocupación de terras en barbeito propiedade dun rico terratenente. Este asasinato impune ficou na memoria das organizacións agrarias da Vía Campesina cuxa data foi designada como Día Mundial das Loitas Labregas.

  1. Remember Lee Kyun Hae

    Unha delegación da Vía Campesina participa en Nairobi nos actos contra a décima Conferencia Ministerial da OMC

    15 de Decembro do 2015 · 

    Dende o 14 de decembro, unha delegación de labregos e labregas da Vía Campesina está a participar nas diferentes accións de loita contra a Organización Mundial do Comercio (OMC) en Nairobi (Kenya). Esta delegación, que inclúe persoas de Asia (Indonesia, India, Corea do Sur e Xapón), África (Zimbabue, Sudáfrica, Kenya, Mozambique, etc.), Europa e América, unirase aos miles de participantes doutras organizacións da sociedade civil e movementos de todo o planeta para oporse á décima Conferencia Ministerial da OMC.

  2. Cobrador do frac no Fogga

    Medio Rural incumpre a promesa de adiantar as axudas da PAC e atrasará o pago ás sociedades civís até a primavera

    3 de Decembro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia as mentiras da Consellaría de Medio Rural cando afirma que se adiantou o pagamento das axudas da Política Agraria Común (PAC) como resposta ás protestas gandeiras do sector lácteo acontecidas este verán de cara a dar liquidez ás granxas pois, de telo feito, fíxoo de maneira parcial e incompleta.

  3. Expo dei Popoli

    Soberanía Alimentaria e Agroecoloxía: a receita da Expo dos Pobos para sandar un sistema alimentario enfermo

    10 de Xuño do 2015 · 

    Do 3 ao 5 de xuño, celebrouse en Milán Expo dei Popoli, a Expo dos Pobos, unha alternativa da sociedade civil a unha Exposición Universal dominada polas multinacionais do sistema alimentario, “un evento”, dixo Joshua de Salvo, portavoz do comité organizador, “que quería cubrir as importantes lagoas da Exposición Universal e, sobre todo, dar voz aos colectivos excluídos desta: os labregos e as labregas, e @s profesionais da pesca. Xuntos e xuntas, producen o 70% dos alimentos consumidos globalmente".

  4. ECVC na ONU

    Isabel Vilalba nunha nova xuntanza do grupo de traballo da ECVC sobre a Carta de Dereitos Labregos da ONU

    3 de Xuño do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, vén de partir cara a Xenebra (Suíza) para participar nun novo encontro do grupo de traballo sobre a Declaración dos Dereitos Labregos da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC). Esta xuntanza faise coa vista posta na 30ª sesión do Consello de Dereitos Humanos da ONU, que se celebrará en setembro de 2015 e onde se votará unha nova resolución para decidir se dan continuidade ou non ao grupo intergobernamental encargado de redactar o texto da Declaración dos Dereitos Labregos.

  5. American Food 2.0

    A Vía Campesina denuncia o dominio das corporacións financeiras na Exposición Universal de Milán

    29 de Maio do 2015 · 

    A Vía Campesina, movemento mundial que representa millóns de labregos e labregas, traballadores e traballadoras agrícolas e pobos indíxenas e nómades, denuncia o dominio corporativo e a complicidade dos gobernos na Exposición Mundial de Milán, cuxo lema reza: “Alimentar o planeta, enerxía para a vida”.

  6. SGAPAC

    O SLG alerta da posible perda de axudas da PAC debido a un sistema electrónico de tramitación desastroso

    8 de Maio do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia o colapso total na tramitación das axudas da Política Agraria Común (PAC) en Galiza debido ás graves deficiencias do sistema informático que o Ministerio de Agricultura ten para esta finalidade: o SGAPAC.

  7. Isabel Vilalba

    O SLG pide ao Goberno Español unha posición contraria ao tratado de libre comercio entre a UE e os Estados Unidos

    17 de Abril do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, rexistrou, o 16 de abril, na sede da Delegación do Goberno en Galiza (A Coruña), un documento pedíndolle ao Goberno Español unha postura contraria á sinatura do tratado de libre comercio entre a Unión Europea e os Estados Unidos (Transatlantic Trade and Investment Partnership-TTIP).

  8. Nyeleni

    O Foro de Mali conclúe cunha declaración na que se fixa unha interpretación común do concepto de agroecoloxía

    25 de Marzo do 2015 · 

    A Vía Campesina vén de publicar a crónica do Foro Internacional sobre Agroecoloxía, que se celebrou en Sélingué (Mali), do 23 ao 27 de febreiro, e un DOCUMENTO FINAL no que se marcan distancias entre a verdadeira agroecoloxía e o que as industrias alimentarias nos pretenden vender como tal: “A agroecoloxía é política, esíxenos desafiar e transformar as estruturas de poder na sociedade. Debemos poñer en mans dos pobos que alimentan o mundo o control das sementes, a biodiversidade, a terra e os territorios, a auga, os saberes, a cultura e os bens comúns”.

  9. TTIP

    O SLG pide marcha atrás ao Tratado de Libre Comercio cos EEUU por poñer en perigo a agricultura de Europa

    22 de Xaneiro do 2015 · 

    Estado Español, a que o Tratado de Libre Comercio con Estados Unidos (TTIP) poida supor a fin das denominacións de orixe (DO) e indicacións xeográficas europeas (IXP), o Sindicato Labrego Galego volve insistir en dar marcha atrás a este proceso cuxa consecución suporía un duro golpe para moitos dos nosos principais sectores produtivos. O temor dos estados europeos está máis que fundado: Estados Unidos non protexe as indicacións xeográficas europeas e permite aos seus produtores e ás súas produtoras utilizar as nosas denominacións, ás que consideran simples nomenclaturas comerciais para os alimentos.