A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O SLG de Ordes celebra este venres a décima edición da Romaría por un mundo rural vivo

O SLG de Ordes celebra este venres a décima edición da Romaría por un mundo rural vivo

10 de Septembro do 2014

Estación da Pontraga

O Sindicato Labrego Galego da comarca de Ordes celebrará este venres, 12 de setembro, a súa décima edición da Romaría por un mundo rural vivo. Nesta ocasión, o lugar de celebración será a antiga estación ferroviaria da Pontraga, en Tordoia (está na estrada que une Ordes con Trazo, a CP-5903. Para chegarmos á estación, temos que saír da capital comarcal por esta vía, e virar á esquerda a 4,5 quilómetros, tras pasar o Bar Che, collendo a estrada DP-5901).

A festa comezará cun xantar compartido ás 14:00 horas e estará amenizada ao longo do serán con competicións de xogos tradicionais, música e o sorteo dun año entre as persoas que participen. A asistencia é libre e pode vir quen queira, aínda que non sexa afiliado ou afiliada do SLG. Deste xeito, o SLG de Ordes dá continuidade a unha festa de irmandade labrega que tivo como escenario da súa anterior edición a parroquia das Encrobas, en Cerceda.

IX Romaría das Encrobas Imaxe de arquivo da novena edición da Romaría labrega por un mundo rural vivo, celebrada nas Encrobas