A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O SLG celebra un seminario europeo para fomentar os circuítos curtos de comercialización dos produtos labregos

O SLG celebra un seminario europeo para fomentar os circuítos curtos de comercialización dos produtos labregos

25 de Septembro do 2014

Mercado de alimentos

O Sindicato Labrego Galego celebrará, do 26 ao 29 de setembro, un seminario europeo para analizar de que xeito se poden facer máis accesibles os alimentos que producen os labregos e labregas á cidadanía.

Máis en concreto, traballarase ao redor de dúas cuestións que teñen que ver con isto: os circuítos curtos de comercialización, que reducen as distancias e os elos da cadea comercial entre as persoas que producen e as que consumen; e os sistemas participativos de garantía, que xorden para afianzar a relación entrambos extremos da cadea. Trátase dun foro interno de traballo no que organizacións agrarias e colectivos vidos de toda Europa se darán cita para poñer en común puntos de vista e experiencias, ao tempo que se farán saídas de campo para ver explotacións e mercados cos que este tipo de prácticas son xa unha realidade na Galiza. A maiores, aproveitarase a cita para celebrar unha xuntanza de mozos e mozas da Coordinadora Europea da Vía Campesina, organización internacional da que forma parte o Sindicato Labrego Galego. O lugar elixido para a celebración deste seminario foi A Casa da Terra, en Antas de Ulla (Lugo).

De cara a facilitar o acceso ás conclusións do encontro, realizaremos unha conferencia pública no Hotel Congreso (Montouto, Teo) o luns, 29 de setembro. Se queredes saber máis sobre isto último, podedes consultar a convocatoria no Facebook do SLG. Tedes máis información no programa que se pode descargar ao final desta páxina.

Mercado de alimentos

Ficheiro adxunto