A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 1.500 sinaturas da veciñanza de Muimenta para defender o seu dereito a unha atención sanitaria digna

1.500 sinaturas da veciñanza de Muimenta para defender o seu dereito a unha atención sanitaria digna

22 de Abril do 2015

No rexistro

O 20 de abril, representantes de varios colectivos da Terra Chá presentaron no rexistro xeral da Xunta de Galicia en Lugo 1.500 sinaturas pedindo que se manteña operativo ao 100% o centro médico de Muimenta con 1 médico ou médica e 1 ATS no horario de atención habitual do que veu gozando nos últimos anos. A maiores, as persoas que asinaron denuncian a redución do horario de atención neste centro de saúde.

O centro médico de Muimenta estivo varios meses inoperativo pola baixa da súa médica titular sen que o Sergas lle asignase unha persoa para substituíla. Aínda que a doutora de Muimenta vén de incorporarse á súa praza, dende os colectivos que estamos a desenvolver esta campaña pediuse, coa presentación das sinaturas, que esta situación non se volva repetir e que as baixas laborais da médica, sexan por enfermidade sexan por descanso ou vacacíóns, se cubran, de aquí en diante, de maneira efectiva e sen privar á poboación de Muimenta e das localidades veciñas do seu dereito a unha atención sanitaria digna.

Entre as persoas que presentaron as sinaturas, atopábase a nosa compañeira Margarida Prieto Ledo, no centro da imaxe, coordinadora do Sindicato Labrego Galego na Terra Chá. Os outros colectivos que apoian a campaña son: Asoaciación Cultural e Veciñal Aquilino Iglesia Alvariño; Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta; Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta (XOTRAMU); Carabullo, Asociación Cultural e Xuvenil de Muimenta; Club de Tenis de Muimenta; e S.D. Muimenta.

Entrega sinaturas