A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O Fouce 310 repasa as mobilizacións levadas a cabo polos sectores lácteo e cunícola no pasado mes de decembro

O Fouce 310 repasa as mobilizacións levadas a cabo polos sectores lácteo e cunícola no pasado mes de decembro

17 de Febreiro do 2016

Fouce 310

O Fouce 310 vén con algo de atraso porque tivo que adaptarse ao calendario do IX Congreso do Sindicato Labrego Galego, que se celebrará o vindeiro 12 de marzo. Tamén vén magro en páxinas, e moitos dos seus contidos orixinais tiveron que quedar para o número 311 para facerlle espazo aos textos congresuais. Aínda que tardío e breve, compartímolo coma sempre con vós.

 Nel poderedes atopar textos sobre as mobilizacións do sector lácteo e cunícolano pasado mes de decembro, artigos técnicos sobre a nova normativa no sector vitícola, as actividades contra a violencia machista en torno ao 25 de novembro, ou as crónicas dos diversos encontros da mocidade. Podedes descargar o Fouce 310 na icona que hai no remate da páxina.

Portada Fouce 310

Ficheiro adxunto