A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. As axudas ao mantemento das razas autóctonas, malia presentárense como dirixidas ás/os labregos/as, supóñennos un gasto a favor doutros sectores profesionais

As axudas ao mantemento das razas autóctonas, malia presentárense como dirixidas ás/os labregos/as, supóñennos un gasto a favor doutros sectores profesionais

17 de Outubro do 2008

Cabalo de Pura Raza Galega

Subvencións, para quen? 

Dende o SLG xa temos denunciado que o deseño dos requisitos para acceder a múltiples axudas económicas, dirixidas inicialmente aos labregos e labregas, conlevan que estes/as contraten determinados servizos con outros sectores profesionais (técnicos/as, veterinarios/as...) de tal xeito que o beneficio final non é percibido nós, senón que mesmo en ocasións supóñennos un gasto.  

Ao remate do inverno/principios da primavera do presente ano 2008, o sector da carne comezou a sentir os efectos de baixada de prezos e incremento de custos de produción. 

Ante tal situación convocáronse unha serie de mobilizacións, mais a resposta da Administración para atallar a situación foi escasa: ofrecéronnos créditos a través do IGAPE, cuns xuros do 1,30 % a 5 anos; con cantidades xa estipuladas a cada explotación en particular (en función do número de UGM´s). 

Até o de agora, nestas datas o Ministerio sacaba un paquete de axudas ás razas autóctonas en extensivo, onde o tope máximo por explotación non podía pasar de 6.000 Euros. Pero na Galiza, moi poucas explotacións cumprían todas as obrigas que se demandaban. 

Fai un par de semanas comezaron a chegar unhas cartas aos/ás titulares das explotacións que pediran a axuda de razas autóctonas. 

A sorpresa foi que para poder cobrar tal axuda é requisito pertencer a unha ADSG (Agrupación de Defensa Sanitaria Galega; distribuídas por concellos) ou ben cumprir o programa sanitario da zona. 

Feitas as primeiras pescudas por explotacións que non están integradas en ningunha ADSG, revelouse que para que as/os veterinarias/os lle certificaran conforme cumpría o programa sanitario da comarca, en algúns casos, o presuposto era de 70 euros por animal ao ano. 

Fronte a esta situación, no SLG cuestionámonos para quen son as axudas: para os produtores e produtoras, que son os que procuran que non se extingan as razas autóctonas que, ao mesmo que pode ser a nosa lingua, forman parte da nosa identidade como País Galego; ou para os veterinarios (ADSG), laboratorios, chiringuitos técnicos, etc…?. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON :
Adolfo Cabarcos, Secretario de sectores gandeiros do SLG, 
686 304 122

Ficheiro adxunto