A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O SLG acada que a unidade móbil da ITV volte ao concello de Guitiriz en decembro.

O SLG acada que a unidade móbil da ITV volte ao concello de Guitiriz en decembro.

21 de Outubro do 2008

Logo da ITV

Cómpre apuntarse antes do 30 de outubro no local do SLG. 

Como xa indicamos a pasada semana, a unidade móbil nº3 da ITV non permaneceu nalgunhas parroquias o tempo dabondo para levar a cabo a inspección de tódolos vehículos agrícolas do concello de Guitiriz. 

Perante desta situación, o SLG solicitou por escrito ao responsábel da Inspección Técnica de Vehículos agrarios que unha unidade móbil da ITV se desprace novamente ás parroquias do concello de Guitiriz onde quedan vehículos sen inspeccionar, instándoo a que no futuro se amplíen os días de permanencia nas parroquias onde haxa máis demanda, xa que calcular o tempo das revisións é sinxelo grazas a que maioritariamente faise con cita previa. 

No día de onte, persoal da ITV confirmou ás compañeiras do SLG en Vilalba a aceptación da nosa solicitude, asumindo erros no cálculo do tempo necesario para pasar a revisión aos vehículos agrícolas da zona. 

Porén, antes do día 30 de outubro, aquelas persoas pendentes de someter á inspección técnica os seus vehículos na parroquia d´O Buriz haberán de facilitar os seus datos ás traballadoras do Sindicato Labrego en Vilalba

Para tales efectos poderán contactar connosco no teléfono 982-512431 ou ben acudindo a oficina sita na R/ Cidade de Viveiro, nº1, ent. A.

Moitas grazas pela súa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
Margarida Prieto Ledo, responsábel comarcal do Sindicato Labrego Galego, na Terra Cha, 
TLF: 659 98 53 08

Ficheiro adxunto