A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O Fouce 329 vén cun suplemento especial dedicado integramente ao IV Foro Labrego de Agroecoloxía

O Fouce 329 vén cun suplemento especial dedicado integramente ao IV Foro Labrego de Agroecoloxía

14 de Xaneiro do 2020

Fouce 329

Esta semana imprimimos o novo Fouce 329, correspondente ao último bimestre do ano, e no que poderás atopar, entre outros contidos, un caderno central sobre IV Foro Labrego de Agroecoloxía, a testemuña de como a Administración afoga as pequenas adegas nunha lameira burocrática de obrigas e papelame, unha ampla reportaxe na que damos voz a homes e mulleres de Touro que denuncian como impacta nas súas vidas a actividade mineira e industrial ou o resume das dúas últimas Xornadas de Granxas Abertas. Nos vindeiros días, iremos debullando contidos nas redes sociais. Se non queres agardar, daquela podes descargar o teu exemplar na icona que atoparás no remate desta páxina.

Fouce 329

Ficheiro adxunto