A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. Palestra-ceia de recoñecemento e apoio a Lídia Senra realizada polas mulleres do colectivo feminista ANDAINA

Palestra-ceia de recoñecemento e apoio a Lídia Senra realizada polas mulleres do colectivo feminista ANDAINA

30 de Marzo do 2009

andaina

Ás 20.30 do pasado sábado 28 de marzo,  Lídia Senra -ex-Secretaria Xeral e actual Secretaria de Organización do SLG- desenvolveu unha palestra sobor da soberanía alimentar na Gentalha do Pichel (Compostela)  que habería de rematar en cea.

O que esta muller labrega e histórica militante galega descoñecía era que todas as alí presentes tiñan un único obxectivo: visibilizar o  forte apoio e profundo recoñecemento cara a súa persoa.

O momento máis emotivo tivo lugar durante a proxección do vídeo sobor do importante traballo realizado por Lídia Senra na loita agraria e social, realizado por GZvideos.

http://gzvideos.info/video-proxectado-no-acto-de-apoio-a-lidia-senra/
http://gzvideos.blip.tv/file/1935204/)

 depertopalestra soberanía alimentaria - Andaina

  1. Ceia recoñecemento e apoio a Lídia Senra-28 marzal09

proxección video homenaxe

 

Ceia recoñecemento e apoio a Lídia Senra-28 marzal-09 

NOTA DE PRENSA ANDAINA

 

Revista Galega de Pensamento Feminista

Apdo 1058 SANTIAGO

 

A Revista Andaina celebrou este sábado 28 de marzo un encontro, charla e cea de agasallo, recoñecemento e cariño a Lidia Senra

Nesta cea e acto, celebrada na Gentalha do Pichel en Compostela, xuntáronse máis de sesenta mulleres, que amosaron o seu apoio polo seu traballo ao longo dos anos no SLG asi como pola súa continuidade

A revista ANDAINA celebrou o sábado (28.03.09) un encontro charla/cea de agasallo, recoñecemento e cariño a LIDIA SENRA polo seu traballo ao longo dos anos: de loita polos dereitos das mulleres labregas, a defensa da terra e da soberanía alimentária, asi como o seu liderato exemplar á frente do Sindicato Labrego Galego (SLG) e como dirixente do mesmo e para amosar o apoio á continuidade do seu labor.

A cea desenvolveuse no centro social A Gentalha do Pichel en Compostela, e dela participaron máis de sesenta mulleres.

Após a charla de Lidia Senra encol da soberanía alimentaria, degustouse unha cea con produtos traballados, cultivados e cociñados polas mulleres de AMORODO (http://www.proxectoamorodo.org) .

Nos postres, un breve lembrando a traxectoria de Lidia, a súa combatividade, resistencia, coherencia e proximidade e a proxeción de un vídeo feito para a ocasión que poderedes ver en breve nas páxinas de Andaina (http://www. andainamulleres.org), e do SLG (http://www.sindicatolabrego.org), asi como na páxina de Gzvideos, que foi o colectivo que editou este material (http://www.gzvideos.info).

Nos próximos dias tamén estará dispoñíbel un novo video sobre a cea, coas intervencións e cun resumo deste acto de encontro de mulleres e de apoio e cariño cara Lidia Senra, que poderedes atopar nas páxinas citadas anteriormente.

 

Compostela, 30 de marzo de 2009

 

Tlf de contacto: 636 017 765