A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. Encontro da mocedade do Sindicato Labrego Galego: 4 e 5 de abril, Melide

Encontro da mocedade do Sindicato Labrego Galego: 4 e 5 de abril, Melide

4 de Abril do 2009

MOCEDADE

Nesta fin de semana terá lugar o Encontro da Mocedade do Sindicato Labrego Galego, estructurado en torno ao seminario: “As políticas de instalación, de mozas e de mozos na actividade agraria, do papel á realidade”.

Estas xornadas van dirixidas aos mozos e mozas de até 35 anos, que estean traballando xa na explotación ou pensen en incorporarse a ela a corto prazo.

 

A xornada terá lugar no Edificio Multiusos (instituto vello), sala de conferencias, Praza da Universidade, Melide.

 

PROGRAMA

Día 4 de abril


10,00 H.- Chegada

10,30 H- Apertura das Xornadas

11,00 H.- Presentación das e dos participantes

11,15 H.- Presentación de experiencias de instalación por sectores, a cargo de mozas e mozos instaladas ou instalados en diferentes sectores de produción.

12,15 H- Descanso

12,30 H.- Debate en grupos de traballo para analizar os prós e os contras das políticas de incorporación e instalación de mozas e mozos nas explotacións agrarias

13,00 H.- Posta en común


14,00 H.- Xantar


16,00 H.- ¿ Que supón para unha moza, que supón para un mozo desenvolver a actividade agraria e vivir nunha aldea?. Presentación de experiencia a cargo dunha moza labrega e dun mozo labrego

16,30 H.- Debate en grupos de traballo

18,00 H.- Saída para visitar Milhulloa con produción, elaboración e venda de prantas aromáticas e medicinais.


21,00 H.- Fin da xornada


Día 5 de abril


10,00 H.- Posta en común dos grupos de traballo da tarde anterior.

11,00 H.- ¿Como seguir o traballo para reforzar e animar á instación de mozas e mozos na actividade agraria?

11,30 H,. Debate en grupos de traballo


12,00 H.- Descanso.


12,15 H.- Posta en común

13,00 H.- Elaboración de conclusions

14,00 H.- Avaliación da xornada


14,30 H.- Comida

 

Moitas grazas pela vosa atención.

 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Isabel Vilalba, Secretaria de Servizos ao Rural e Soberanía Alimentar

TLF: 608 905 444