A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. Decretado no primeiro día de goberno Feijoo o peche do CIP, infraestrutura pública de comunicación fundamental para as organizacións sociais da Galiza. Xa “empezamos”...?

Decretado no primeiro día de goberno Feijoo o peche do CIP, infraestrutura pública de comunicación fundamental para as organizacións sociais da Galiza. Xa “empezamos”...?

21 de Abril do 2009

empezamos3

O recebimento na Galiza da líder labrega internacional Mariam Sissoko, viuse na mañá de hoxe lixada polo desprezo cara a liberdade de expresión que o recentemente constituído goberno da Xunta da Galiza decidiu facer evidente dende hoxe mesmo, tomando coma primeira medida o peche a golpe de chamada telefónica do Clube Internacional de Prensa (CIP) de Santiago de Compostela.

 peche cip

O Sindicato Labrego Galego, canda as asociacións Amarante e Verdegaia, víronse abocadas a presentar na rúa a X Semana do Comercio Xusto, dentro da que se inclúe a xira de intervencións da Coordenadora en África da organización labrega internacional Vía Campesina, Mariam Sissoko.

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, calificou de indignante a situación na que nos vimos na obriga de trasladar aos medios de comunicación a nosa información, salientando que o peche do CIP é tamén un claro intento de pechar a boca aos movimentos sociais do País e de eliminar os servizos públicos que precisamos as organizacións sociais para trasladar as nosas demandas aos gobernos e á cidadanía.

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG

TLF: 619 348