A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. Valoración da entrevista mantida onte co conselleiro Samuel Juárez Casado

Valoración da entrevista mantida onte co conselleiro Samuel Juárez Casado

29 de Abril do 2009

logo cmr

No primeiro encontro mantido por representantes do SLG co Conselleiro de Medio Rural e os Directores Xerais recentemente nomeados (agás o de Montes) valoramos o ton cordial da mesma e a recepción das nosas propostas  por parte da CMR. Salientar que o seu compromiso foi estudalas e darnos respostas, máis non tivemos coñecemento nesta xuntanza de ninguna proposta da nova Consellaría nos temas urxentes abertos, leite incluído. Agardamos respostas en breve pois, dada a urxencia e a gravidade dalgunha das cuestión plantexadas.

Proposta de medidas básicas urxentes a abordar pola Consellería do Medio Rural

MEDIDAS TRANSVERSAIS:

  1. Manter ou recuperar as mesas de negociación dos diferentes sectores ( viño, pataca, leite,carne, castaña
  • Retomar o Consello Agrario Galego como órgano de interlocución e consulta para o que foi creado.
  • Axudas á agrindustria galega ligadas ao sostenemento dos prezos para as explotacións.

  • Axuda Complementaria do Contrato de Explotación Sustentable: Publicar xa a convocatoria deste ano no marco do CES.

Convocar en anos sucesivos fora do CES.

Aconsellamento:

  • Desvinculación das axudas do CES da obrigatoriedade de ter contratados os servizos dunha entidade de aconsellamento. Só é obrigatorio no PDR galego. Supón unha carga económica a maiores para as explotacións que, tendo en conta a situación actual, moitas non están en condicións de asumir.
  • Aconsellamento público ás explotacións. As Oficinas Agrarias Comarcais non teñen funcións de asesoramento ás explotacións.
  • Aplicación da lei de incendios para que non se siga incumprindo: plantacións en terras agrarias e distancias das plantacións a camiños e fincas colindantes, e que se actue de oficio por parte de quen teñen xa competencias para facer cumprir a lei (Concellos, CMR..)
  • SECTORES VEXETAIS
  1. Horta.

Venda Directa: A Xunta debe garantir o dereito dos horticultores a vender os seus produtos directamente. Aposta e apoio económico por parte da Administración daquelas iniciativas que queiran sair das canles normais de comercialización que usa a gran distribución.

  1. É imprescindible eliminar a obrigatoriedade a posuir o Rexistro Sanitario para poder vender en mercados de abastos, tendas, e venda directa.
  2. Control da fraude tanto en envasado como en etiquetado
  3. Pataca

O contrato homologado actual non vale para o sector. Hai que cambiar un aspecto fundamental e básico: Fixar o prezo da pataca no marco da mesa de negociación.

  1. É imprescindible reforzar os instrumentos para perseguir a fraude no envasado e etiquetaxe da pataca.
  2. A Xunta de Galicia ten que vixiar e garantir que a pataca de semente certificada que se importa cumpre coa normativa esixida tanto na IXP como a propia da Comunidade Autónoma de Galiza.
  3. Viño.

Convocatoria das Mesas do Viño de tódalas Denominacións de Orixe. Teñen que ser as Mesas do Viño de cada D.O. as que acorden o contrato homologado: Tamén sería moi interesante intentar acadar un acordo de contrato na D.O. Monterrei, única no país que aínda non conta con esta ferramenta importante para o sector.

  1. Posta a disposición dos viticultores e viticultoras os “Dereitos de Plantación da Reserva autonómica de Galicia”.
  2. Abrir un novo prazo para a regularización dos viñedos “irregulares” (anteriores ó 31 de agosto de 1998).
  3. Actualización do Rexistro Vitícola en tódalas comarcas de viño.
  4. Establecer medidas de control para evitar a plantación en montes comunais e en terreos forestais de xeito masivo e indiscriminado.
  5. 3.SECTORES GANDEIROS.

1.- Sector lácteo

Medidas de competencia autonómica

Renegociación do prazo dos préstamos das explotacións coas entidades financieiras, a intereses 0%, sin que entren a computar nas axudas de MINIMIS.

Habilitar medidas fiscais do tipo “deduccións aplicables á cuantía a pagar” pola Comunidade Autonoma no IRPF do 2.008

  • Medidas de competencia non autonómica

Negociar coa administración da Seguridade Social a exención dos pagos da seguridade social mentres dure a situación de crise.

  • Negociación a nivel de estado do rebaixe da presión fiscal para as explotacións, tanto en estimación directa como en modulos;
  •  

( Exemplo : Rebaixa do módulo para leite e aumento dos gastos de dificil xustificación para estimación directa)

Plantexamento político nas mesas estatais e europeas de negociación para que a crise de prezos que nos afecta non sexa permanente; nese sentido os mecanismos de control da producción e a non liberalización do mercado do leite pensamos que son a clave, xunto con mecanismos que garantan prezos que cubran os costes e o traballo.

  • 2.-Sanidade animal

Seguimento exahustivo e un protocolo de actuación transparente naquelas zonas que neste momento está habendo problemas coas análises practicadas nos animais:

  • Zona Abadin, problema de Brucelose

Zona Deza e a Estrada, problema de Tuberculose.

Que haxa probas de contraste e todos os animais que se sacrifiquen se lles fagan analisis post-morten, para comprobar e explicar con claridade diante dos gandeiros/as a enfermadade.

  • Nos sacrificios obligatorios para erradicación de enfermedades , tanto en bovino, ovino e caprino , que se indemnicen os animais co seu valor real, por exemplo utilizando as tablas de agroseguro.
  • Que os pagos se fagan inmediatos e que lles valore a perda de renda a todas as explotacións, fagan vacio sanitario ou non, mediante o lucro cesante.