A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. Declaración pública da Vía Campesina: Organizando rede solidaria Chile

Declaración pública da Vía Campesina: Organizando rede solidaria Chile

10 de Marzo do 2010

lA vÍA cAMPESINA INTERNACIONAL

Dende hai unha semana, a cidadanía  atópase conmovida pola catástrofe que azoutou Chile; unha vez máis son os chilenos e chilenas máis humildes quen o sofren con maior forza e crueldade. O terremoto deixou de manifesto a outra cara reinante de Chile, a da inxustiza e a inequidade social.

Dende hai unha semana, a cidadanía atópase conmovida pola catástrofe que azoutou o noso país; unha vez máis son os chilenos e chilenas máis humildes quen o sofren con maior forza e crueldade. O terremoto deixou de manifesto a outra cara reinante de Chile, a da inxustiza e a inequidade social.

 

A dobre traxedia que hoxe se vive, particularmente no sector costeiro da rexión do Maule e a do Bio-Bio, non é só o efecto inevitabel dun cataclismo natural. Os efectos deste agraváronse mortalmente debido a que a información chave certeira sobre o maremoto non foi adecuadamente compartida pola Armada coas autoridades pertinentes de goberno que poderían evitar centos de perdas de vidas humanas.

 

Doutra banda, o apoio chegou tardiamente ou non chegou, consecuencia directa de formas de organización centralizada e autoritaria que deixan aos sectores sociais sen iniciativa e suxeitos ao asistencialismo, con prácticas e formas de convivencia social baseadas na represión ás organizacións e ao debate político, que fomentan o individualismo e a falta de solidariedade. Quedaron tamén en evidencia as tremendas deficiencias na construción das vivendas, escolas, pontes, hospitais e estradas, produto dun empresariado que leva décadas lucrándose, actuando de maneira irresponsable e criminal, provocando miseria e inseguridade.

 

A unha semana de ocorrer o terremoto e maremoto, logo do terror inicial e de constatar no terreo o sufrimento de miles de persoas, de ver que a axuda foi entregada de maneira tardía, desorganizada e individualista, de presenciar como as futuras autoridades adicáronse a sacar proveito político da desgraza do país, e ante a ausencia de reacción por parte dos partidos políticos, un conxunto de organizacións sociais e populares convocámonos para conxuntamente avaliar a situación e constituímos unha rede que nos permita traballar pola solidariedade e a reconstrución, así como polo rescate, recuperación e fortalecemento dos valores que nos leven a reconstituírnos como un pobo organizado que enfronte de maneira efectiva e digna a traxedia actual.

 

Por iso, os e as que aquí estamos, resolvemos articular os nosos esforzos e vontades para traballar pola solidariedade cun sentido político, de xénero, social e popular, entendendo que, xunto con saír da emerxencia, necesitamos reconstruír un país con valores e conciencia política social.

 

Traballaremos por formas de axuda e solidariedade que sexan controladas e xestionadas desde as organizacións sociais e populares presente en cada unha das localidades afectadas.

 

Impulsaremos unha participación social real e efectiva nas decisións, as orientacións e a implementación da axuda e á reconstrución, fiscalizando coidadosamente e impedindo que a reconstrución se converta no gran negocio para grandes empresas

 

ou na gran oportunidade para que políticos e autoridades fagan clientelismo e dividan aos sectores sociais e populares.

 

Promoveremos as maneiras de organización e control social que garantan manter unha convivencia fraterna e digna, onde o exército cumpra un papel vital na emerxencia e de apoio á loxística e a infraestrutura, e non lle sexa asignado o papel represor que outrora xogou e que aínda mantén profundas e dolorosas feridas no pobo.

 

Hoxe como onte non estamos sós nin soas. A inmensa solidariedade internacional co noso pobo que dende o primeiro momento expresáronnos multitudinariamente as organizacións, os movementos sociais e gobernos, comprométenos a ter conta que a solidariedade se canalice e implemente de acordo aos principios que enunciamos.

 

Conscientes de que a reconstrución do tecido social é o noso verdadeiro norte, e que a solidariedade é máis que unha doazón, cos nosos esforzos e as nosas mans, as nosas conciencias e conviccións, con autonomía e fraternidade, estamos convencidos que como pobo somos capaces non só de reconstruír o país, senón construír un verdadeiramente xusto, democrático e solidario.

 

As organizacións asinantes facemos un chamamento ás organizacións e movementos sociais, ás institucións a: integrarnos, unirnos e coordinar os nosos esforzos e accións para esta gran tarefa que é de longo alento.

 

ASINAN:

CLOC – VIA CAMPESINA CHILE 

ANAMURI

CONFEDERACION RANQUIL

MARCHA MUNDIAL DE MUJERES

CEDEM    (Centro de Estudios de la Mujer)

CENDA  (Centro de Estudios Nacionales para el Desarrollo Alternativo)

U.D.P.    (Sindicato de Trabajadores Universidad Diego Portales)

ANAIC  (Asociacion Nacional de Académicos e Intelectuales de Chile)

FUNDACION TERRAM

CIRCO FEMINISTA

GRAIN

CEPA   (Centro de Estudios por la Agroecología)