A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. Queremos Galego entregou 30.000 sinaturas de apoio a unha proposta de lei “para alicerzar os dereitos lingüísticos” no ensino e nas administracións públicas

Queremos Galego entregou 30.000 sinaturas de apoio a unha proposta de lei “para alicerzar os dereitos lingüísticos” no ensino e nas administracións públicas

19 de Outubro do 2010

Entrega de sinaturas

O 18 de outubro, unha ampla representación da Plataforma Cidadá Queremos Galego, que agrupa máis de 700 entidades sociais de diferentes ámbitos (entre elas o Sindicato Labrego Galego) acudiu ao rexistro do Parlamento de Galiza para facer entrega de algo máis de 30.000 sinaturas de apoio á tramitación dunha proposición de lei para a garantía dos dereitos lingüísticos no ensino e as administracións públicas. En representación do SLG acudiu a súa Secretaria Xeral, Carme Freire.

As sinaturas entregadas, que son soamente unha primeira remesa, corresponden con cidadás e cidadáns maiores de idade, que ostentan a condición política de galegas e galegos e figuran no censo electoral dalgún dos 315 concellos do país. Queremos Galego cumpre así “escrupulosamente”, segundo xa anunciara, coas condicións legais exixidas pola Lei 1/1988, que regula o dereito e o procedemento de iniciativa lexislativa popular en Galiza, malia que a Mesa do Parlamento decidira o pasado mes de marzo non admitir a trámite a petición da plataforma cidadá para desenvolver a ILP e finalmente se optase por unha campaña “paralela” de difusión social e recollida de apoios ao texto da proposta de lei, que se desenvolveu nos últimos meses por toda a xeografía galega.

 

Máis

Entrega de sinaturas