A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O Sindicato Labrego Galego apoia as mobilizacións contra as retalladas do Goberno e da Xunta

O Sindicato Labrego Galego apoia as mobilizacións contra as retalladas do Goberno e da Xunta

18 de Xullo do 2012

Non hai imaxe

O Sindicato Labrego Galego apoiará e participará nas manifestacións convocadas polos sindicatos obreiros nas principais vilas galegas, o 19 de xullo, contra as retalladas do Goberno Central e da Xunta de Galicia, que están a provocar un grave deterioro das condicións e dereitos laborais e sociais da cidadanía en xeral, e da clase labrega en particular.  

Os recortes que estamos a sufrir os labregos e as labregas dende hai anos, intensifícanse agora coas novas políticas para atallar o déficit. Así, asistimos ao desmantelamento de servizos que, aínda que moitas veces de xeito deficiente, se lles estaban a prestar ás explotacións e ás persoas que vivimos no campo. En amplas zonas rurais de Galiza estamos quedando sen atención médica, sen servizos sanitarios de urxencia próximos, sen farmacias de garda, sen comedores escolares, sen escolas nin garderías para os nosos fillos e fillas, sen atención para os nosos e as nosas maiores, con oficinas agrarias comarcais cada vez con menos recursos, sen medios suficientes para prever incendios forestais, coa privatización e empeoramento progresivo dos servizos públicos prestados ás explotacións, etcétera.

Por estas e outras moitas razóns, o Sindicato Labrego Galego estará, o 19 de xullo, nas rúas apoiando as manifestacións contra as retalladas do Goberno Central e da Xunta de Galicia.