A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras

Outras

  1. DOG lupa

    O SLG achega correccións ás axudas para investimentos nas granxas que Medio Rural se compromete a corrixir

    17 de Febreiro do 2020 · 

    O 28 de xaneiro, a Consellaría de Medio Rural publicou as bases para concorrer ás axudas para apoiar investimentos nas explotacións agrícolas, que establecen tres liñas principais: incorporación de mozos e mozas, plans de mellora e pequenas explotacións. Tras analizar polo miúdo as bases da convocatoria, os servizos técnicos do Sindicato Labrego Galego descubriron unha nova esixencia que non aparecía en anteriores convocatorias que, de non corrixirse, excluiría á maioría das granxas familiares de Galiza. Dende o SLG, así llo transmitimos á Consellaría de Medio Rural, que se comprometeu a corrixir os erros.

  2. SOS Sanidade Pública

    O SLG apoia a manifestación de SOS Sanidade Pública para rematar cuns recortes sanitarios que se ceban co rural

    6 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública deste domingo, 9 de febreiro, en defensa do sistema sanitario público galego e dunha atención primaria digna. Os problemas da sanidade pública causados polos permanentes recortes agudízanse nos puntos de atención continuada das zonas rurais e, en especial, nos hospitais comarcais, que acusan aínda máis a falla de recursos materiais e humanos, o que se traduce nun deterioro dos servizos sanitarios e da saúde de usuarios e usuarias máis que preocupante en amplas zonas da Galiza rural.

  3. Obras na casa de Pilar

    O Concello eliminará a barreira que mantén inmobilizada a unha veciña de Abadín tras pasar o caso a mans da Fiscalía

    24 de Xaneiro do 2020 · 

    Tras seis anos de loita, Pilar Fernández, muller con mobilidade reducida que se veu enclaustrada por culpa dunhas obras do Concello de Abadín, viu por fin chegar os obreiros esta semana para eliminar a barreira arquitectónica que lle impedía saír da súa casa en O Coto (Abeledo). As obras levarán tan só tres días, o que indica que non foi precisamente a súa complexidade a que mantivo a Pilar nunha dependencia absoluta doutras persoas para poder entrar e saír do seu propio domicilio durante máis dun lustro. Que moveu ao alcalde, o popular José María López Rancaño, a ordenar o inicio das obras tras seis anos teimando en non facelas?

  4. Sementeira de euros

    O SLG desmárcase das organizacións agrarias estatais e defende a suba do Salario Mínimo Interprofesional no agro

    21 de Xaneiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego, diante da posición contraria á suba do salario mínimo interprofesional (SMI) das tres principais organizacións agrarias do Estado, quere manifestar o seu total desacordo con esa postura. Pola contra, o Sindicato Labrego apoia a suba do SMI de maneira rotunda, clara e inequívoca porque manter o salario mínimo no nivel actual supón legalizar a pobreza e a exclusión social e económica de miles de traballadores e traballadoras do agro.

  5. Fouce 329

    O Fouce 329 vén cun suplemento especial dedicado integramente ao IV Foro Labrego de Agroecoloxía

    14 de Xaneiro do 2020 · 

    Esta semana imprimimos o novo Fouce 329, correspondente ao último bimestre do ano, e no que poderás atopar, entre outros contidos, un caderno central sobre IV Foro Labrego de Agroecoloxía, a testemuña de como a Administración afoga as pequenas adegas nunha lameira burocrática de obrigas e papelame, unha ampla reportaxe na que damos voz a homes e mulleres de Touro que denuncian como impacta nas súas vidas a actividade mineira e industrial ou o resume das dúas últimas Xornadas de Granxas Abertas. Nos vindeiros días, iremos debullando contidos nas redes sociais. Se non queres agardar, daquela podes descargar o teu exemplar na icona que atoparás no remate desta páxina.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2

Arquivo