A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2012

Outras: 2012

  1. Fouce

    O Fouce 292 xa saiu do prelo

    16 de Maio do 2012 · 

    Fouce 292 vén de saír de rotativa con novas sobre as agresións que prepara a Consellaría de Medio Rural contra o noso monte -fumigacións, cultivos enerxéticos, desastrosa política antiincendios-, a chegada ao Parlamento do conflito polos impagos de Lácteos Tambre ou un suplemento sobre as eleccións a consellos reguladores. 

  2. Folga Xeral en Compostela

    O Sindicato Labrego Galego botouse á rúa o 29 de marzo para apoiar as manifestacións pola Folga Xeral

    30 de Marzo do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego, amais de apoiar a convocatoria da Folga Xeral do 29 de marzo, participou activamente nas manifestacións que se levaron a cabo en Compostela, A Coruña, Vigo, Ferrol, Pontevedra, Ourense, Lugo, Xinzo de Limia, Verín e Foz. As razóns para que os labregos e labregas apoiasen estas mobilizacións eran moitas e xa se deu conta delas nun comunicado anterior. De seguido, publicamos varias imaxes coa presenza das xentes do SLG nas rúas o 29 de marzo.

  3. Folga xeral

    O SLG apoia a Folga Xeral do 29 de marzo porque os recortes se asañan co medio rural e as explotacións

    23 de Marzo do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a convocatoria de folga xeral para o 29 de marzo, convocada polos sindicatos obreiros, por entender que a reforma laboral e os recortes sociais que estamos sufrindo afectan a toda a sociedade e se asañan, especialmente, co medio rural e cos labregos e labregas.

  4. Pasteiros secos

    A Consellaría de Medio Rural mófase das explotacións cunhas axudas ridículas para paliar as perdas pola seca

    21 de Marzo do 2012 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego consideramos as axudas para paliar as perdas provocadas pola seca, que vén de anunciar a Consellaría de Medio Rural, como unha burla para as explotacións agrogandeiras galegas. Financiar os xuros dun préstamo equivalente ás axudas da PAC das explotacións, só facilita que se adianten uns cartos aos que os labregos e labregas tiñan dereito e que, máis tarde ou máis cedo, acabarían ingresando. É dicir, que estas supostas axudas ás explotacións acabarán sendo subvencións a fondo perdido para a banca, que será a que cobre eses xuros custeados con cartos públicos.

  5. Fouce

    As demandas das labregas e as loitas do sector lácteo, temas de portada no Fouce 291

    20 de Marzo do 2012 · 

    Nos primeiros meses de 2012, houbo movementos no sector lácteo a todos os niveis. Neste senso, o labor do SLG concretouse en dúas concentracións en protesta contra a obrigatoriedade dos contratos sen prezo, contra a nova baixada do valor do leite e contra os impagos das empresas; coa participación no Grupo Consultivo do Leite da UE, e con xuntanzas co ministro Arias Cañete e coa conselleira Rosa Quintana.

  6. Herba seca

    O SLG alerta do forte impacto da seca tamén en sectores como o viño, a pataca ou a horta, amais dos gandeiros

    18 de Marzo do 2012 · 

    Os servizos técnicos do Sindicato Labrego Galego veñen de facer unhas primeiras estimacións das perdas económicas que a seca está a causar nos principais sectores agrogandeiros de Galiza. A situación é alarmante, xa que amais das abondosas perdas que están a sufrir as explotacións de vacún, tanto as de leite como as de carne, habería que engadir o impacto que a falla de precipitacións está a ter en sectores agrarios estratéxicos para moitas comarcas galegas como o viñedo, a pataca ou a horta.

  7. Mira por elas

    Bota a andar a Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega, da que o SLG forma parte

    14 de Marzo do 2012 · 

    O 14 de febreiro de 2012, presentouse en Compostela a Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega, da que o Sindicato Labrego Galego forma parte. Con Lola Ferreiro e Cándido Pazó como portavoces, expuxéronse os motivos e leuse o manifesto fundacional que, de seguido, transcribimos. Ademais, púxose en marcha unha páxina web -www.miraporelas.com- na que é posible sumar novas adhesións e onde se dá cumprida información sobre a Plataforma.

  8. Non hai imaxe

    O SLG colabora nas Xornadas de Economía Agraria que a Liga Estudiantil Galega organiza na USC

    27 de Febreiro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego colaborou coa Liga Estudiantil Galega nas Xornadas de Economía Agraria que está organizou na Universidade de Santiago de Compostela. Fíxoo coa participación de Lidia Senra, que se encargou dunha charla titulada “A soberanía alimentaria como garantía de futuro”; e da secretaria xeral do SLG, Carme Freire, que falou de “Ameazas actuais sobre a produción de alimentos na Galiza (PAC- Terra- Auga)”, o 28 de febreiro. Ao día seguinte, o 29 de febreiro, foi a quenda Xosé Ramón Cendán, que disertou sobre os OXMs nun relatorio intitulado “Os transxénicos; un negocio para quen?”.

  9. Fundación Tabeirós

    O SLG presenta sinaturas de 90 explotacións contra o traslado da oficina agraria comarcal da Estrada

    25 de Xaneiro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar máis de 90 sinaturas de explotacións agrogandeiras da Estrada, Cerdedo e Forcarei, que lle solicitan á Consellaría de Medio Rural que non leve para adiante o traslado da sede da oficina agraria comarcal do seu domicilio actual, na praza Martínez Anido, ás instalacións da Fundación Comarcal, nos arrabaldes da vila estradense. No escrito anexo ás sinaturas, pídeselle expresamente á Consellaría que “manteña a Oficina Agraria Comarcal da Estrada na localización actual ou, cando menos, na vila da Estrada”.

  10. Fouce

    As principais loitas do SLG para o 2012 no Fouce 290

    18 de Xaneiro do 2012 · 

    Fouce 290 dá un repaso aos grandes retos que o Sindicato Labrego Galego deberá afrontar en 2012, e que teñen que ver, ademais de con recortes sociais de toda caste e coa reforma da Política Agraria Común (PAC), co paquete de medidas lexisltivas que está artellando a Xunta para despoxar de terra agraria ás explotacións para darlla ás industrias enerxéticas.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2